01 / FEB / 2023
A Concellaría de Deportes, Cohesión Social e Voluntariado do Concello de Sada ten entre os seus obxectivos a promoción e o fomento da Educación Física e o Deporte, especialmente o deporte base e o deporte de competición, de acordo a lexislación de réxime local e deportiva.
Constitúe o obxecto das presentes bases é establecer o réxime das axudas para a adquisición de equipamentos deportivos con cargo ao orzamento do Concello de Sada en réxime de concorrencia competitiva, estas subvencións están recollidas dentro do Plan Estratéxico de subvencións 2020-2022, aprobadas en sesión plenaria celebrada o pasado 25 de xuño de 2020, e publicadas no BOP nº 98 do día 1 xullo de 2020.conforme aos orzamentos en vigor do Concello de Sada aprobados en Sesión Ordinaria de Pleno de 07 de Abril de 2022, destinaranse 25.000€ con cargo á aplicación orzamentaria 341.48000