Facturación electrónica

Que é a factura electrónica?

Unha factura electrónica é, ante todo, unha factura. É dicir, ten os mesmos efectos legais que unha factura en papel.  Lembremos que unha factura é un xustificante da entrega de bens ou a prestación de servizos.

Unha factura electrónica é unha factura que se expide e recibe en formato electrónico.

É importante destacar que a expedición dunha factura electrónica está condicionada ao consentimento do seu destinatario. A factura electrónica, por tanto, é unha alternativa legal á factura tradicional en papel.

 Acceso á plataforma FACE 

Normativa legal

As facturas, en xeral, e as facturas electrónicas, en particular, están reguladas polo Real Decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigacións de facturación. Este Regulamento establece as normas que deben cumprir obrigatoriamente as facturas, tanto en papel como electrónicas. 
Nel regúlanse aspectos como:

  • Obrigación de expedir factura.
  • Tipos de facturas: completa ou ordinaria e simplificada.
  • Expedición por terceiros.
  • Contido da factura.
  • Requisitos das facturas: lexibilidade, autenticidade e integridade.
  • Especificidades da factura electrónica.
  • Prazos.
  • Outras facturas: recapitulativa, duplicados, rectificativas.
  • Réximes especiais.
  • Conservación. 

Lexibilidade, autenticidade e integridade 

Todas as facturas, sexan electrónicas ou en papel, deben garantir:

  • A lexibilidade da factura.
  • A autenticidad da orixe da factura (é dicir, garantir a identidade do obrigado á súa expedición e do emisor da factura, que poden ser a mesma persoa).
  • A integridade do contido da factura (é dicir, garantir que o seu contido non foi modificado).

No caso da factura electrónica, a lexibilidade facilítaa o programa informático que a crea ou recibe. 

A autenticidade e a integridade pódense garantir de diversas formas:

  • Mediante sinatura electrónica avanzada baseada nun certificado recoñecido.
  • Mediante intercambio electrónico de datos EDI.
  • Mediante outros medios que as persoas interesadas comuniquen á Axencia Estatal de Administración Tributaria con carácter previo á súa utilización e sexan validados por esta.
  • Mediante os controis de xestión usuais da actividade empresarial ou profesional do suxeito pasivo, sempre que permitan crear unha pista de auditoría fiable que estableza a necesaria conexión entre a factura e a entrega de bens ou prestacións de servizos que esta documenta.

Tipos de facturas electrónicas

Convén distinguir dous tipos fundamentais de factura electrónica: a factura electrónica con formato estruturado e a factura electrónica con formato non estruturado. 

Ambas son documentos electrónicos susceptibles de seren transmitidos mediante redes de comunicacións electrónicas, como Internet. A diferenza estriba en que o formato estruturado facilita o seu tratamento automatizado mentres que o non estruturado non o facilita.

Facturas en formato estruturado 


As facturas en formato estruturado conteñen datos e poden ser xeradas automaticamente polos sistemas informáticos de facturación do emisor e ser tramitadas de forma igualmente automatizada polos sistemas informáticos de pago e contabilidade do receptor. Exemplos de formatos estruturados son os que utilizan a linguaxe XML (como UBL ou Facturae), EDIFACT, etc.

Facturas en formato non estruturado 


As facturas en formato non estructurado consisten esencialmente nunha imaxe, o que implica que o seu procesamento para poder ser introducidas nos sistemas informáticos do receptor require unha intervención manual ou un proceso custoso que non adoita estar completamente automatizado, como o recoñecemento óptico de caracteres (OCR). Entre estas temos as facturas en papel dixitalizadas e os ficheros PDF. 

Vantaxes da factura electrónica 

Beneficios específicos da factura electrónica son:

  • Acurtar os ciclos de tramitación, incluído o cobro.
  • Reducir erros humanos.
  • Eliminar custos de impresión e envío postal.
  • Facilitar un acceso máis rápido, áxil e fácil ás facturas almacenadas.
  • Reducir drasticamente o espazo necesario para a súa almacenaxe.
  • Mellorar o servizo ao cliente.
  • Eliminar o consumo de papel e o seu transporte, co consiguinte efecto positivo sobre o medio ambiente.
  • Facilitar a loita contra a fraude.
  • Subsumir a factura nos sistemas informáticos empresariais, mellorando drasticamente a súa xestión.
  • e (isto é o máis importante) contribuír á modernización da economía e ao desenvolvemento da Sociedade da Información.

Os beneficios económicos derivados da automatización do proceso da factura superan aos aforros en impresión e envío postal. Por iso, o máximo beneficio potencial realízase mediante o emprego de facturas electrónicas con formato estruturado, aínda que hai escenarios onde non se materializan estes beneficios, como o caso de facturas destinadas a persoas físicas. 

Estes beneficios, con todo, non poderán materializarse se non se superan importantes retos. Cómpre destacar os seguintes: 

  • A súa adopción pola Pequena e Mediana Empresa (PEME), que constitúe o segmento máis importante do tecido empresarial español e europeo.
  • A súa aceptación pola cidadanía; a súa implantación nas Administracións públicas; e a interoperabilidade dos sistemas de facturación electrónic1a que permita o seu uso na interrelación comercial tanto dentro como a través das nosas. fronteiras.

Actualidade

AS TAXAS DO CEMITERIO E DOS VADOS COBRARANSE DO 3 ...DE OUTUBRO AO 3 DE DECEMBRO 2022

28 / SEP / 2022

A Xunta de Goberno Local, en sesión do día 15 de setembro, aprobou os seguintes padróns correspondentes ao exercicio 2020: Padrón fiscal da taxa polo mantenemento do cemiterio municipal e Padrón fiscal da taxa por Entrada de vehículos a través de beirarúas e reserva vía pública.

COMPARTIR EN:

Procesos de selección do persoal e do alumnado-tra...ballador do obradoiro de emprego "RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO VERDE II"

07 / SEP / 2022

A data de inicio prevista da formación é o 19 de setembro de 2022 e posibilitará a contratación durante un ano de 26 persoas, 20 para as prazas de alumnado-traballador e 6 para as prazas de persoal directivo, docente e de apoio.

COMPARTIR EN:

ANUNCIO DE COBRANZA RELATIVO AOS RECIBOS DO I.A.E.... 2022

22 / AGO / 2022

A Delegación da Axencia Tributaria na Coruña comunica, en relación cos recibos do Imposto sobre Actividades Económicas correspondentes a 2022, e cando se trate de cotas nacionais e provinciais, cuxa xestión recadatoria corresponde á Administración Tributaria do Estado, o seguinte:

COMPARTIR EN:

BASES DE PARTICIPACION NA FEIRA SADA COMERCIO 2022

18 / AGO / 2022

As presentes bases teñen por obxecto establecer as condicións e o procedemento de outorgamento da autorización da ocupación de terreos de uso público para instalación de postos de venda de mercadorías por parte do comercio e da hostalaría local, na carpa situada a tal fin na praza situada detrás da Terraza, os días 20 e 21 de agosto do presente ano.

COMPARTIR EN:

PARTICIPACION NO MERCADO DA XI FEIRA MODERNISTA - ...POSTOS VACANTES

20 / XUL / 2022

Dentro dos contidos habituais na Feira Modernista resérvase, dende a primeira edición, un espazo para a organización dun “Mercado Modernista”. Trátase dunha zona na que diferentes artesáns e comerciantes establecen uns postos de exposición e venta, ambientados con decoración evocadora e cun vestiario que trata de seguir as liñas da moda no Modernismo. A organización ofrece os espazos e estruturas para a montaxe de 23 postos de venta destinados á explotación por parte de comerciantes e hostaleiros, que conformarán o “Mercado Modernista 2022”. Ditos espazos terán unhas dimensións fixas de 3x3 mts delimitados por carpas impermeables e con peche completo. Presentarán un frontal decorado con motivos modernistas, conformando un elemento de ambientación da Feira. As solicitudes deberán cumprir unha serie de requisitos e, ademais, pasar un proceso de selección e filtro baseado nos criterios que recollen estas bases reguladoras de participación no mercado.

COMPARTIR EN:

INSCRICIÓN NO MERCADO MARIÑEIRO 2022

08 / XUL / 2022

O Concello de Sada, a través da concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego, organiza os días 16 e 17 de xullo o MERCADO MARIÑEIRO 2022 onde se instalarán entre 15 e 35 diferentes postos de artesania, podendo tomar parte nesta feira calquer vendedor ou vendedora de productos artesás que cumplan as bases e presenten a solicitude en tempo e forma.

COMPARTIR EN:

BOLSA DE EMPREGO PARA POSTOS DE SOCORRISTAS

10 / XUN / 2022

Estas bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal laboral así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal coa categoría de socorrista.

COMPARTIR EN:

Nova campaña antivelutina en Sada, que retirou 200... niños en 2021 con medios propios

24 / ABR / 2022

A veciñanza pode dar aviso directamente ao Servizo de Emerxencias (tlf. 607438457), operativo as 24h. e que garante a prestación do servizo dentro das primeiras 24h. de recepción do aviso, así como notificar ao Concello a través dos distintos medios habilitados a tal fin (portal de incidencias , correo electrónico, etc..). Ademais, coa entrada en vigor do Convenio coa Xunta de Galicia pódese informar tamén a través do 012, onde se lles facilitará un número de aviso e a posible data de retirada do niño.

COMPARTIR EN:

Sada abre a participación na Feira Food Trucks 202...2

13 / ABR / 2022

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego organiza do 20 ao 22 de maio unha feira de establecementos de comida móbil nunha carpa que se instalará na Plaza Irmáns Suárez Picallo

COMPARTIR EN:

Sada Comercio 2022 os días 2 e 3 de abril

11 / MAR / 2022

O evento do comercio local sadense cambia de datas, logo da petición dos comercios participantes ante a previsión meteorolóxica para este fin de semana, e terá lugar na nosa vila o sábado 2 e o domingo 3 de abril no espazo habilitado no Paseo Marítimo detrás da Terraza.

COMPARTIR EN:

Promoción Económica abre a participación do "Sada ...Comercio 2022"

07 / FEB / 2022

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego PROGRAMA "SADA COMERCIO 2022 "que terá lugar os vindeiros días 12 e 13 de marzo

COMPARTIR EN:

Sada abre a participación no Entroido de Tapas 202...2

07 / FEB / 2022

A Concellería de Promoción Económica e Turismo anuncia as bases de participación do roteiro grastronómico "Entroido de Tapas" 2022

COMPARTIR EN:

VER MÁIS NOVAS