01 / MAR / 2026 - 30 / ABR / 2026 Durante os meses de marzo e abril, a Casa da Cultura de Sada abre as portas a unha exposición singular arredor da obra do pintor e exiptólogo Eduardo Fernández Rivas, artista internacional nacido en Sada e falecido no ano 2016.
11 / MAR / 2026 - 11 / MAR / 2026 Dentro das actividades do 8M a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Emprego programa nos Centros de Educación Primaria a actividade de narración oral "Nin máis nin menos".
11 / MAR / 2026 - 11 / MAR / 2026 Dentro das actividades do 8M a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Emprego promove a realización do Taller de auto-coidado e benestar emocional para mulleres empadroadas en Sada.
14 / MAR / 2026 - 14 / MAR / 2026 O sábado 14 de marzo ás 12:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura terá lugar o Concerto Didáctico da Banda de Música Municipal de Sada
14 / MAR / 2026 - 14 / MAR / 2026 A concellería de Cultura programa o sábado14 ás 19:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura a obra: "Berenguela na Gaiola", obra gañadora no 4º Certame Manuel María de Proxectos Teatrais e dirixida por Paula Carballeira.
14 / MAR / 2026 - 14 / MAR / 2026 A Concellería de Deportes programa o sábado 14 de marzo o RANKEABLE SADA MARINA 2026 organizado polo Club Taekwondo Sada coa colaboración do Concello de Sada e a Federación Galega de Taekwondo.
16 / MAR / 2026 - 16 / MAR / 2026 NOVA ACTIVIDADE DO SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ DE SADA. O luns 16 de marzo de 17:30 a 18:30 horas terá lugar na Omix Sada a actividade "DO NACEMENTO AOS 6 ANOS, acompañar o desenvolvemento desde a vida cotiá" que imparte o Servizo de Atención Temperá municipal e que organízase dende os servizos sociais dirixida a toda a poboación intersada
11 / ABR / 2026 - 11 / ABR / 2026 O 11 de abril de 2026 cita imprescindible co BJJ galego. Chega a Copa de Galicia 2026, que se elebrará no Pavillón Municipal de Sada
16 / ABR / 2026 - 16 / ABR / 2026 Sada celebra o Día da Educación Física na Rúa o 16 de abril coa participación de todos os centros escolares do municipio.