SADA CAMIÑA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO COA XIII ...ANDAINA

21 / NOV / 2026

A actividade celebrarase o sábado 21 de novembro, con saída ás 11:00 horas desde a Casa da Cultura Pintor Lloréns. A chegada está prevista para as 12:15 horas, cando se dará lectura ao manifesto conxunto.

COMPARTIR EN:

COPA AMATEUR DE TÉCNICA DA CORUÑA

14 / NOV / 2026

O sábado 14 de novembro de 2026, o Pavillón Municipal de Sada acollerá a celebración da Copa Amateur de Técnica da Coruña, unha competición de taekwondo nas categorías infantil e adulta. A entrada será libre.

COMPARTIR EN:

SAÍDAS GRATUITAS DE SENDEIRISMO 2026

10 / NOV / 2026

O Concello de Sada organiza saídas de sendeirismo gratuitas deseñadas e guiadas por persoas expertas en interpretación medioambiental.

COMPARTIR EN:

SAÍDA DE OBSERVACIÓN ORNITOLÓXICA

09 / NOV / 2026

O Concello de Sada organiza as saídas medioambientais gratuitas deseñadas e guiadas por persoas expertas da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) nesta ocasión unha saída para a observación de aves na Ría do Burgo

COMPARTIR EN:

SADA LICITA OBRAS NO CENTRO OCUPACIONAL DE OSEDO P...OR 82.000 EUROS

07 / NOV / 2026

O Concello de Sada licita por 99.111 euros (IVA incluido) as obras de peche, pavimentación e instalación eléctrica do Centro Municipal de Formación Ocupacional de Osedo, co obxectivo de completar o acondicionamento das instalacións e mellorar a súa seguridade, accesibilidade e equipamento docente.

COMPARTIR EN:

O Concello de Sada licita por máis de medio millón... de euros o contrato do Servizo de Atención Temperá

07 / NOV / 2026

O novo contrato, cunha duración de dous anos prorrogable por un ano máis, garante un equipo especializado para atender os nenos e nenas de 0 a 6 anos e as súas familias. A concelleira de Benestar Social, Patricia Martínez, destaca que a atención continuada e próxima ten un efecto moi positivo no desenvolvemento dos menores

COMPARTIR EN:

Bolsas de comedor escolar - Curso 2026/27

06 / NOV / 2026

O obxecto destas bases é o de regular a concesión de axudas económicas para o pago do servizo de comedor escolar xestionado por ANPAS, na modalidade presencial de asistencia regular (non ocasional), de luns a venres ou en determinados días da semana, durante o período lectivo do curso escolar 2026/2027, dirixidas a alumnado escolarizado no Concello de Sada.

COMPARTIR EN:

SADA, AULAS ABERTAS: 41 SAÍDAS EDUCATIVAS PARA ACH...EGAR O ALUMNADO AO PATRIMONIO, Á CULTURA E AO MEDIO AMBIENTE

31 / OUT / 2026

O Concello de Sada, a través da Concellería de Educación, promove unha programación de 41 saídas educativas que chegarán aos cinco centros escolares do municipio e a máis de 1.100 alumnos e alumnas. O obxectivo é complementar a aprendizaxe nas aulas mediante o contacto directo co patrimonio histórico e artístico, a memoria democrática, as tradicións locais e os recursos ambientais da contorna.

COMPARTIR EN:

VER MÁIS NOVAS

FÍO DIRECTO CO ALCALDE

Poñendo luz sobre a actividade e a xestión municipal

AVISOS, SUXESTIÓNS E QUEIXAS