Alcaldía

Concello de Sada

Óscar Benito Portela Fernández

Oscar Benito Portela

Alcalde

981 620 075 (ext 225)
oscar.portela@sada.gal

 

 

 

Saúdos veciñanza,

Este mandato ten para min unha principal liña estratéxica: a normalidade. Logo do convulso final do pasado mandato, queremos que Sada goce da tranquilidade política que as veciñas e veciños reclamades. Unha administración pública, especialmente un concello, necesita traballar no día a día para a súa veciñanza sen perder o tempo el liortas. E niso estamos, traballando.

As infraestruturas públicas, dende o saneamento á mobilidade, seguen a ser unha das nosas prioridades para este mandato. Catro anos nos que continuaremos apostando polas políticas sociais, que co goberno de Sadamaioría acadaron o orzamento máis alto da súa historia. Orzamentos nos que tamén se reflicte o noso compromiso para facer desta vila un concello dinámico e atractivo dende un punto de vista económico e empresarial.

Non quero esquecerme doutros piares fundamentais para o noso goberno como son a educación e a cultura, cun traballo diario para ofrecer o mellor servizo público e as actividades máis atractivas para as nosas fillas e fillos. E destacar tamén a aposta polo deporte, ben sexa nas infraestruturas ou na promoción da actividade deportiva como elemento fundamental dunha vida saudable.

En definitiva, unha Sada para toda a cidadanía é o que buscamos neste mandato no que novamente vos animo a achegarvos polo Concello, visitar esta web e coñecer ó voso goberno. A facernos chegar dúbidas, preocupacións e suxestións. Xuntos, un mandato máis, estamos a construír a Sada do futuro.

 

Opina


Queremos escoitar a vosa opinión. Para nós é fundamental coñecer as vosas propostas, reflexións, etc. Todo suma, todo axudará a facer unha Sada mellor.

Utilizade esta ferramenta, participade de xeito activo. Todos e todas podemos axudar. 

Información básica sobre Protección de Datos
Responsable: Concello de Sada.
Finalidade: Obtención do teu consentimento para responder as cuestións que nos expós a través do noso formulario de contacto.
Lexitimación: Consentimento do interesado.
Destinatarios: Non se cederán datos a terceiros, salvo obrigación legal.
Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como se explica na información adicional.
Información adicional: Podes consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na seguinte ligazón: Política de Privacidade

 


Urbanismo

Actualidade

SAÍDAS MEDIOAMBIENTAIS GUIADAS 2026

05 / MAR / 2026

O Concello de Sada organiza as saídas medioambientais gratuitas deseñadas e guiadas por persoas expertas da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)

COMPARTIR EN:

O Concello de Sada presenta alegacións contra o pr...oxecto de almacenaxe de baterías previsto na parroquia de Meirás

05 / MAR / 2026

O goberno local convoca á veciñanza de Meirás a unha reunión para detallar as alegacións presentadas

COMPARTIR EN:

CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE 2...026

03 / MAR / 2026

A Concellería de Deportes, Educación e Xuventude programa un Curso de Monitor/a de actividades de Tempo Libre. Trátase dunha formación útil que abre moitas portas de cara á inserción laboral. Esta formación capacita para deseñar, programar e pór en práctica ou avaliar actividades para o tempo libre ou socioculturais, orientadas á infancia, á mocidade, aos maiores ou ás persoas con necesidades especiais. Os contidos deste curso abarcan áreas como psicoloxía, dinámicas de grupo, xogos no tempo libre, expresión, educación ambiental, saúde, ou lexislación.

COMPARTIR EN:

O Concello analiza as consecuencias da nova aplica...ción da normativa de uso na piscina municipal

03 / MAR / 2026

Persoas usuarias están a manifestar a súa desconformidade co cambio impulsado pola oposición no pleno. O Concello traballa nunha solución que permita recuperar o normal funcionamento que sempre existiu na instalación

COMPARTIR EN:

ENTROIDO SADA 2026

02 / MAR / 2026

A Concellería de Cultura programa as FESTAS DO ENTROIDO do 14 ao 17 de febreiro

COMPARTIR EN:

Taller de auto-coidado e benestar emocional para m...ulleres de Sada.

28 / FEB / 2026

Dentro das actividades do 8M a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Emprego promove a realización do Taller de auto-coidado e benestar emocional para mulleres empadroadas en Sada.

COMPARTIR EN:

CONVOCATORIA AXUDAS-BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR

26 / FEB / 2026

O obxecto desta convocatoria é regular a concesión de axudas económicas para o pago do servizo de comedor escolar xestionado por ANPAS, na modalidade presencial de luns a venres e durante o período lectivo do curso escolar 2025/2026, para o alumnado escolarizado no Concello de Sada.

COMPARTIR EN:

Subvencións destinadas a deportistas individuais d...o Concello de Sada 2025

20 / FEB / 2026

A Alcaldía, por medio do decreto 2089/2025 do 10 de novembro, resolveu aprobar a convocatoria de subvencións dirixidas a deportistas individuais do Concello de Sada para o ano 2025, que se rexerán polas bases reguladoras que se achegan a continuación. Prazo de solicitude do 21/11/2025 ao 12/12/2025 (A.I.)

COMPARTIR EN:

Segunda convocatoria PS para persoas con discapaci...dade dunha praza da escala de administración xeral, subescala auxiliar (OEP 2024)

20 / FEB / 2026

O Concello de Sada convoca novamente, tras quedar deserto nunha primeira convocatoria, o proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha (1) praza de persoal funcionario de carreira da Escala de Administración Xeral, Subescala Auxiliar (Grupo C, subgrupo C2 de clasificación) denominada: auxiliar administrativo, vacante no cadro de persoal e incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2024 (BOP núm. 77, do 19-4-2024), mediante o sistema selectivo de oposición en quenda reservada a persoas con discapacidade. E aplicarlle á dita convocatoria as bases específicas aprobadas polo Decreto da Alcaldía núm. 1719/2025, do 23 de setembro (BOP núm.185, do 29-9-2025) e as bases xerais dos procesos selectivos para o desenvolvemento da oferta de emprego público para o Concello de Sada do ano 2024, aprobadas polo Decreto desta Alcaldía núm. 938/2024, do 16 de maio, (BOP núm. 104, do 30-5-2024).

COMPARTIR EN:
COMPARTIR EN:

VER MÁIS NOVAS