Piscina Municipal

 

ABERTO PRAZO DE PREINSCRIPCIÓN DE NATACIÓN DO 9 DE XUÑO AO 11 DE XULLO - TEMPADA 2025-2026

A PARTIR DO 14 DE XULLO ABRIRASE LISTA DE ESPERA

O 1 DE SETEMBRO PUBLICARANSE NO TABOLEIRO DA PISCINA MUNICIPAL LAS LISTASXES PROVISIONAIS

O PERIODO DE FORMALIZACIÓN E DE PAGO COMPENDERÁ DO 1 AO 12 DE SETEMBRO . En caso de non realizar  a formalización en prazo , se entenderá como desestimento da praza.

FOLLA DE PRE INSCRICIÓN

MATRÍCULA CURSOS NATACIÓN

DESIGNACIÓN CONTA BANCARIA

As actividades de natación comezan o día 1 de outubro de 2025.

Poderán seguir realizandose preinscricións para formar unha lista de agarda e formar grupos en caso de prazas vacantes . 

ABONOS 

MODIFICACIÓN ABONO

BAIXA ABONADOS

 

PRAZO DE FORMALIZACIÓN MATRÍCULA 

Deberase cubrir o formulario de matrícula, a folla de designación de conta bancaria e realizar o pago

 

PASOS A SEGUIR:

Debe realizarse mediante a pasarela de pago da Oficina virtual tributaria de Sada no apartado Autoliquidar e pagar taxas 

↗️ Identificación con DNI

↗️ Utilización de piscina

↗️ Tarifa Correspondente

↗️ Pagar intriducindo os datos da 💳 tarxeta ou descargar documento de pago 📃 e pagar na entidade bancaria.

 

Entregar en rexistro do Concello ou na piscina municipal :

↗️ Xustificante de pago coa documentación correspondente para domiciliación nos meses posteriores.

DESIGNACIÓN CONTA BANCARIA

 

HORARIOS ACTIVIDADES 

 

INFORMACIÓN PISCINA MUNICIPAL


 

HORARIOS ESCOLA MUNICIPAL NATACIÓN E SALVAMENTO 

 

 

Actualidade

CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE 2...026

03 / MAR / 2026

A Concellería de Deportes, Educación e Xuventude programa un Curso de Monitor/a de actividades de Tempo Libre. Trátase dunha formación útil que abre moitas portas de cara á inserción laboral. Esta formación capacita para deseñar, programar e pór en práctica ou avaliar actividades para o tempo libre ou socioculturais, orientadas á infancia, á mocidade, aos maiores ou ás persoas con necesidades especiais. Os contidos deste curso abarcan áreas como psicoloxía, dinámicas de grupo, xogos no tempo libre, expresión, educación ambiental, saúde, ou lexislación.

COMPARTIR EN:

O Concello analiza as consecuencias da nova aplica...ción da normativa de uso na piscina municipal

03 / MAR / 2026

Persoas usuarias están a manifestar a súa desconformidade co cambio impulsado pola oposición no pleno. O Concello traballa nunha solución que permita recuperar o normal funcionamento que sempre existiu na instalación

COMPARTIR EN:

Subvencións destinadas a deportistas individuais d...o Concello de Sada 2025

20 / FEB / 2026

A Alcaldía, por medio do decreto 2089/2025 do 10 de novembro, resolveu aprobar a convocatoria de subvencións dirixidas a deportistas individuais do Concello de Sada para o ano 2025, que se rexerán polas bases reguladoras que se achegan a continuación. Prazo de solicitude do 21/11/2025 ao 12/12/2025 (A.I.)

COMPARTIR EN:

O Concello de Sada licita a primeira fase da refor...ma do Campo de Fútbol As Mariñas - Andrés Pena

10 / ENE / 2026

O Concello inviste nesta obra medio millón de euros, que se suman ó investido estes anos no mantemento desta relevante infraestrutura deportiva. Entre as actuacións previstas destaca a renovación completa do céspede artificial do campo principal e a creación dunha nova zona de quecemento

COMPARTIR EN:

Subvencións dirixidas a entidades deportivas do Co...ncello de Sada 2025

31 / DEC / 2025

A Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria do 6 de novembro acordou convocar a subvención dirixida a entidades deportivas do Concello de Sada para o ano 2025

COMPARTIR EN:

VISITA E COÑECE GALICIA: PROGRAMA DE SAÍDAS GRATUI...TAS DO CONCELLO DE SADA

04 / NOV / 2025

O Concello de Sada programa unha serie de actividades que facilita a posibilidade de realizar visitas gratuitas para coñecer outras zonas de Galicia de interés cultural, social ou medioambiental ao longo de todo o ano.

COMPARTIR EN:

ACTIVIDADES NAS PARROQUIAS 2025-2026

30 / SEP / 2025

O programa de actividades que organiza a concellería de Promoción Económica, Turismo e Participación Cidadá do Concello de Sada a través da realización de práctIcas deportivas dirixidas á poboación adulta do Concello de Sada ten como obxectivo a promoción de hábitos de intervención saudables e terapéuticos ademáis de adquirir habilidades persoais e aprendizaxe de novas capacidades relacionadas coa temática de horto urbano e agricultura ecolóxica e fomentar a participación social no tempo libre.

COMPARTIR EN:

FESTAS PATRONAIS DE SADA 2025

01 / AGO / 2025

PROGRAMA DE FESTAS ORGANIZADO POLO CONCELLO DE SADA CO FINANCIAMENTO DA XUNTA DE GALICIA E DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

COMPARTIR EN:

ACTIVIDADES DE LECER INFANTÍS E XUVENÍS 2025

13 / XUN / 2025

A Concellería de Educación, Deporte e Xuventude anuncia e abre a a participación das distintas actividades de lecer infantís e xuvenís para o mes de xullo 2025

COMPARTIR EN:

Convocatoria Subvencións Entidades Deportivas do C...oncello de Sada 2024

27 / DEC / 2024

O Concello de Sada quere, pola presente convocatoria, dar apoio ás entidades deportivas e contribuír para que acaden os obxectivos que lles son propios, fomentar a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación, contribuíndo, deste xeito, a impulsar a igualdade e a democratización da sociedade, estas subvencións están recollidas dentro do Plan Estratéxico de subvencións 2024-26. En canto ás subvencións ás entidades deportivas, a presente convocatoria márcase obxectivos de carácter xeral como a mellora da xestión e organización de actividades deportivas mediante a concesión de subvencións. Son prioritarias nesta convocatoria as accións tendentes a impulsar o desenvolvemento das citadas actividades federadas, fomento do deporte de base, fomento do deporte escolar, e deporte inclusivo

COMPARTIR EN:

Sada, o concello que máis poboación gaña na área m...etropolitana da Coruña

13 / DEC / 2024

Sada sitúase entre os Concellos que máis poboación gañaron na última década segundo os datos publicados este venres polo INE. O goberno local manifesta a súa satisfacción ante estas cifras, que son un reflexo do bo traballo realizado nos últimos anos

COMPARTIR EN:

CAMPAÑA DA NEVE 2025

04 / DEC / 2024

A Deputación da Coruña, programa a “Campaña da Neve 2025” na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias) para nenos e nenas de toda a provincia con idades entre 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2024).

COMPARTIR EN:

VER MÁIS NOVAS