O inmoble, que foi reconstruído no ano 2007, ten unha única nave rectangular e conta cunha inscrición na fachada que o data en 1885. Tras o seu pasado relixioso, este espazo na actualidade ten uso cultural acollendo exposición ou actos culturais de pequeño formato.
Praza de España s/n - 15160 (Sada)
981 624 121
VERÁN (15 xuño a 15 sertembro)
Martes a sábado: de 10:00-13:00 e de 18:00 a 21:00
INVERNO (16 septembro a 14 xuño)
Martes a sábado: de 10:00-14:00 e de 17:00 a 21:00
A Concellería de Promoción Económica en colaboración con ACESADA (Asociación de comerciantes e Empresarios de Sada) abre a convocatorias da campaña de promoción das compras no comercio local polo San Valentín 2026
Os arquitectos asinantes do proxecto de rehabilitación estiman o investimento necesario en 376.000 euros. Dende o pasado ano a fachada da Capela está reforzada cun sistema de suxeición que obrigou ó peche desta instalación municipal
O Concello de Sada organiza as saídas medioambientais gratuitas deseñadas e guiadas por persoas expertas da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)
O Concello inviste nesta obra medio millón de euros, que se suman ó investido estes anos no mantemento desta relevante infraestrutura deportiva. Entre as actuacións previstas destaca a renovación completa do céspede artificial do campo principal e a creación dunha nova zona de quecemento
Concesión de subvencións municipais nas materias de organización de actividades culturais, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade, con efectos unicamente para o exercicio 2025. O Concello de Sada desenvolve esta liña de axudas dirixida a entidades culturais municipais sen ánimo de lucro coa finalidade de colaborar a manter e impulsar a actividade das asociacións culturais dirixida a fomentar a actividade no eido da cultura no termo municipal, facilitando que o tecido asociativo cultural desenvolva os seus fins estatutarios.
Subvencións municipais no para a organización de festas patronais parroquiais, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade, con efectos unicamente para o exercicio 2025. O Concello de Sada desenvolve esta liña de axudas dirixidas a entidades organizadoras das festas patronais parroquiais coa finalidade de contribuír a fomentar a participación activa da cidadanía na celebración e conservación das festas parroquiais de maior tradición e arraigo, que forman parte da nosa identidade e memoria colectivas.
A concellería de Cultura abre o 9 de decembro a participación na cabalgata das nenas e nenos que queiran participar como figurantes acompañando ás súas maxestades os Reis Magos de Oriente,
Este concurso ten por obxecto establecer as condicións para recoñecer e premiar o esforzo que os/as comerciantes realizan para mellorar a imaxen dos seus establecementos e como consecuencia o das rúas da vila de Sada tendo en conta as datas tan especiais e significativas que son o Nadal. O concurso quere promover a creatividade dos comerciantes á hora de presentar os seus escaparates e produtos, fomentar a cultura da innovación e da calidade no sector comercial e contribuír así a activación económica de cara a campaña de Nadal.
Como ben sabedes, a poboación de Sada medrou moitísimo nos últimos anos e a día de hoxe xa somos máis de 17.000 habitantes e isto é posible grazas a todas as familias que decidiches escoller esta vila como o mellor lugar para planificar as vosas vidas. Tamén sabemos que moitos e moitas de vos viñeches de moi lonxe para formar parte da nosa veciñanza e por ese motivo queremos que este ano sexades os protagonistas do noso calendario.
O Concello de Sada programa unha serie de actividades que facilita a posibilidade de realizar visitas gratuitas para coñecer outras zonas de Galicia de interés cultural, social ou medioambiental ao longo de todo o ano.
A concellería de Promoción Económica organiza coa colaboración da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sada a campaña TI FAS GRANDE O PEQUENO COMERCIO que se desenvolverá no noso municipio do 15 ao 30 de novembro.
O Concello de Sada, en colaboración co comercio local, organiza un programa especial de actividades co fin de premiar a creatividade e o esforzo do sector á hora de decorar os escaparates dos seus establecementos, así como a súa contribución para impulsar a actividade comercial e potenciar o ambiente festivo durante a festividade de Samaín. As actividades desenvolveranse o 31 de outubro