Subvencións municipais para organizar actividades culturais para o ano 2025

25 / NOV / 2025

Subvencións municipais para organizar actividades culturais para o ano 2025

Concesión de subvencións municipais nas materias de organización de actividades culturais, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade, con efectos unicamente para o exercicio 2025. O Concello de Sada desenvolve esta liña de axudas dirixida a entidades culturais municipais sen ánimo de lucro coa finalidade de colaborar a manter e impulsar a actividade das asociacións culturais dirixida a fomentar a actividade no eido da cultura no termo municipal, facilitando que o tecido asociativo cultural desenvolva os seus fins estatutarios.

Prazo de solicitude de 15 días naturais, entre 26/11/2025 e o 10/12/2025, a.i.

Arquivado en