
A concellería de Cultura abre o 9 de decembro a participación na cabalgata das nenas e nenos que queiran participar como figurantes acompañando ás súas maxestades os Reis Magos de Oriente,
BASES PARTICIPACIÓN COMO FIGURANTES NA CABALGATA DE REIS 2026
FORMULARIO INSCRICIÓN (HABILITADO A PARTIR DO 9 DECEMBRO ÁS 9:00 HORAS)
Poderán inscribirse rapazas e rapaces que teñan 6 anos cumplidos antes do 1 de xaneiro de 2026. As nenas e nenos integrantes de cada carroza irán acompañados por monitores/as educativos que velarán pola súa seguridade.
No proceso de selección terán preferencia as inscricións de persoas empadroadas no Concello de Sada (realizarase unha comprobación de oficio no Padrón Municipal).
Establécese un prazo de presentación de inscricións dende o 9 de decembro ás 09:00 horas até as 23:59 do 21 de decembro.
O número de prazas dispoñibles establecerase segundo criterios de seguridade para os deseños das carrozas da Cabalgata 2026.
Os solicitantes seleccionados deberán participar cun disfrace relacionado co Nadal para aportar colorido ás carrozas.
O listado de solicitantes seleccionados publicarase a partir do 26 de decembro na OMIX e na páxina web municipal. Se houber un maior número de inscricións que prazas dispoñibles seguirase o seguinte procedemento:
- Farase selección das inscricións por orde de idade, de menor a maior das/os solicitantes empadroadas/os en Sada, con preferencia para os/as solicitantes de menor idade.
- -Se tras realizar o proceso citado seguen quedando prazas, seleccionaranse as inscricións por orde de idade de menor a maior das/os solicitantes non empadroadas/os en Sada.
- - En caso de que seguindo a condicións anteriores houbera máis dunha solicitude con igualdade de dereito de acceso para a última praza dispoñible, realizarase un sorteo público na OMIX o día hábil seguinte ao de peche do prazo de inscrición.
As persoas non seleccionadas formarán parte dunha lista de agarda e serán informadas en caso de que se rexistre algunha baixa.