CONCURSO ESCAPARATES NADAL 2025

05 / DEC / 2025

CONCURSO ESCAPARATES NADAL 2025

As presentes bases teñen por obxecto establecer as condicións para recoñecer e premiar o esforzo que os/as comerciantes realizan para mellorar a imaxen dos seus establecementos e como consecuencia o das rúas da vila de Sada tendo en conta as datas tan especiais e significativas que son o Nadal. O concurso quere promover a creatividade dos comerciantes á hora de presentar os seus escaparates e produtos, fomentar a cultura da innovación e da calidade no sector comercial e contribuír así a activación económica de cara a campaña de Nadal.

BASES ESCAPARATES NADAL 2025 INCLÚEN ANEXO I-FOLLA INSCRICIÓN

 

O prazo de presentación de solicitudes será dende ás 08:00 horas do día seguinte á publicación das presentes bases (05/12/2025) e ata ás 23:59 horas do día 21 de decembro do 2025.

A inscrición no presente concurso é de balde.

As instancias solicitando participar no Concurso de Escaparates Nadal 2025 presentaranse na Sede Electrónica do Concello de Sada. En cumprimento da Lei 39/2015 de procedemento administrativo comun das administracións publicas no seu artigo 14, as persoas xuridicas deberan relacionarse de maneira electronica coas administracións publicas.

Poderán participar todos/as empresarios/as que teñan locais comerciais con escaparates ao exterior en calquera parte do municipio sadense. As solicitudes deberán enviarse no modelo de inscrición debidamente cumprimentado (Anexo I), xunto coa fotocopia do DNI.

Os establecementos deberán enviar un mínimo de dúas fotografías a turismo@sada.gal amosando o escaparate de día e de noite xa que o uso de iluminación propia destas datas pode modificar o escaparate e ser fundamental para a súa valoración.

A temática será o Nadal, con total liberdade en canto a súa interpretación, deseño, técnica e estilo. A valoración dos escaparates por parte do xurado será de 0 a 10 puntos en función dos seguintes criterios:

  • Composición do escaparate e orixinalidade na temática de Nadal.
  • Uso dos artigos que se comercializan como elementos decorativos.
  • A interacción co público.
  • Será obrigatorio o emprego de técnicas sostibles, materiais de refugallo ou de elementos naturais.
  • O grao estimado de traballo empregado na conformación do escaparate final.

Entre os días 22 de decembro e o 4 de xaneiro o xurado visitará os escaparates presentados a concurso.

As persoas integrantes do xurado serán a técnico de emprego e desenvolvemento local, Luisa Celis por parte da administración local e profesionais de recoñecido prestixio nas áreas de escaparatismo, deseño, márketing, promoción comercial, fotografía e deseño de interiores. A súa decisión será inapelable.

Establécese unha única categoría cos seguintes premios

  • Primeiro premio 300 €
  • Segundo premio 200 €
  • Terceiro premio 100€
  • *Poderán declararse desertos os premios

O fallo do xurado farase público unha vez remate a campaña en xaneiro do 2026. Comunicaranse aos establecementos gañadores e publicaranse na páxina web do concello de Sada e nas redes sociais
municipais.

A concesión dos premios estarán suxeitos á retención ou tratamento fiscal que corresponda. Para a formalización e o pagamento do premio, as persoas propietarias dos establecementos gañadores
deberán enviar a turismo@sada.gal a seguinte documentación:

  • Tarxeta de identificación fiscal (persoas xurídicas) ou documento de identidade (persoas físicas).
  • Conta e certificado bancario onde debe facerse efectivo o premio.
  • Declaración responsable de non ter débedas co Concello de Sada. Esta circunstancia será comprobada de oficio polo propio Concello. Se, realizada a comprobación, constase a existencia de
    débedas, a persoa proposta como gañadora, perderá o seu dereito ao premio.

Arquivado en