Campaña apoio ao Comercio Local no San Valentín 2026

09 / FEB / 2026

Campaña apoio ao Comercio Local no San Valentín 2026

A Concellería de Promoción Económica en colaboración con ACESADA (Asociación de comerciantes e Empresarios de Sada) abre a convocatorias da campaña de promoción das compras no comercio local polo San Valentín 2026

OBXECTO E FINALIDADE

O obxecto destas bases é o de regular a participación na Campaña de promoción e fidelización do consumo no Comercio Local no «Día San Valentín en Sada», que comezará o luns, 9 e rematará o sábado 14 de febreiro de 2026.

 

PARTICIPACIÓN COMERCIOS

Poderá participar calquera establecemento comercial con sede en Sada. No seu caso deberán inscribirse previamente, facéndonos chegar o formulario de inscrición para comercios (ANEXO 1) a través do Rexistro Municipal.

Prazo de inscrición: dende a publicación destas bases ata o 8 de febreiro.

O concello entregará un talonario de papeletas e cartelería da campaña a cada establecemento que participe.

 

PROMOCIÓN DÍA SAN VALENTIN

O Concello de Sada difundirá a través dos seus medios (web/rrss/pantallas de rúa) a listaxe de comercios participante na campaña. (Listaxde no cartaz)

A campaña comenzará o 9 e rematará o mesmo sábado, 14 de febreiro.

Nestas datas as persoas que se acheguen a mercar nos comercios inscritos recibirán coa súa compra unha papeleta para un sorteo de varios lotes.

O sorteo terá lugar o día 18 de febreiro na terceira planta do edificio administrativo do concello e publicaranse os números premiados na paxina web e nas redes sociais do concello.

 

PREMIOS

Esta campaña faise en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Sada ACESADA e os premios serán:

  • 1º Pack de escapada termal para dúas persoas + ramo de flores
  • 2º Flores + dulces (Acesada)
  • 3º Flores + dulces (Acesada)

Arquivado en