A presentación de instancias realizarase durante o prazo de vinte (20) días naturais a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE). As bases xerais inclúen un Anexo IV de materias comúns aplicables ao proceso, ademais das previstas nas bases específicas.
A Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria do 6 de novembro acordou convocar as «Axudas para a actividade anual das ANPAs», que se rexerán polas bases reguladoras aprobadas conxuntamente na mesma sesión.
Subvencións municipais no para a organización de festas patronais parroquiais, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade, con efectos unicamente para o exercicio 2025. O Concello de Sada desenvolve esta liña de axudas dirixidas a entidades organizadoras das festas patronais parroquiais coa finalidade de contribuír a fomentar a participación activa da cidadanía na celebración e conservación das festas parroquiais de maior tradición e arraigo, que forman parte da nosa identidade e memoria colectivas.
A Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria do 6 de novembro acordou convocar a subvención dirixida a entidades deportivas do Concello de Sada para o ano 2025
Como ben sabedes, a poboación de Sada medrou moitísimo nos últimos anos e a día de hoxe xa somos máis de 17.000 habitantes e isto é posible grazas a todas as familias que decidiches escoller esta vila como o mellor lugar para planificar as vosas vidas. Tamén sabemos que moitos e moitas de vos viñeches de moi lonxe para formar parte da nosa veciñanza e por ese motivo queremos que este ano sexades os protagonistas do noso calendario.
A Alcaldía, por medio do decreto 2089/2025 do 10 de novembro, resolveu aprobar a convocatoria de subvencións dirixidas a deportistas individuais do Concello de Sada para o ano 2025, que se rexerán polas bases reguladoras que se achegan a continuación. Prazo de solicitude do 21/11/2025 ao 12/12/2025 (A.I.)
O Concello de Sada programa unha serie de actividades que facilita a posibilidade de realizar visitas gratuitas para coñecer outras zonas de Galicia de interés cultural, social ou medioambiental ao longo de todo o ano.
A concellería de Promoción Económica organiza coa colaboración da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sada a campaña TI FAS GRANDE O PEQUENO COMERCIO que se desenvolverá no noso municipio do 15 ao 30 de novembro.
O Concello de Sada, en colaboración co comercio local, organiza un programa especial de actividades co fin de premiar a creatividade e o esforzo do sector á hora de decorar os escaparates dos seus establecementos, así como a súa contribución para impulsar a actividade comercial e potenciar o ambiente festivo durante a festividade de Samaín. As actividades desenvolveranse o 31 de outubro
Os vindeiros mércores 22 e 29 de outubro terá lugar a proba de selección para formar parte da nova montaxe da Compañía Municipal de Teatro de Sada
Os días 25 e 26 de novembro desprazarase ata Sada un equipo da Policía Nacional para efectuar a expedición de DNI e Pasaporte.
Prazo: O período voluntario de cobranza dos tributos indicados, será do día 31 de outubro de 2025 ao 31 de decembro de 2025.