Segunda convocatoria PS para persoas con discapacidade dunha praza da escala de administración xeral, subescala auxiliar (OEP Sada 2024)

20 / FEB / 2026
O Concello de Sada convoca novamente, tras quedar deserto nunha primeira convocatoria, o proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha (1) praza de persoal funcionario de carreira da Escala de Administración Xeral, Subescala Auxiliar (Grupo C, subgrupo C2 de clasificación) denominada: auxiliar administrativo, vacante no cadro de persoal e incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2024 (BOP núm. 77, do 19-4-2024), mediante o sistema selectivo de oposición en quenda reservada a persoas con discapacidade. E aplicarlle á dita convocatoria as bases específicas aprobadas polo Decreto da Alcaldía núm. 1719/2025, do 23 de setembro (BOP núm.185, do 29-9-2025) e as bases xerais dos procesos selectivos para o desenvolvemento da oferta de emprego público para o Concello de Sada do ano 2024, aprobadas polo Decreto desta Alcaldía núm. 938/2024, do 16 de maio, (BOP núm. 104, do 30-5-2024).

Un extracto da convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado, sendo a data deste anuncio a que servirá para o cómputo do prazo de presentación de instancias.

Arquivado en