06 / NOV / 2026 - 06 / NOV / 2026 O Auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns acolle o venres 6 de novembro de 2026, ás 18:30 h, o espectáculo «Cartóons», de Excéntricas, dentro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
07 / NOV / 2026 - 07 / NOV / 2026 O vindeiro 7 de novembro de 2026, Sada converterase nun dos grandes escenarios do Brazilian Jiu-Jitsu coa celebración da FIJJD International Championship – Costa da Morte Cup BJJ 2026, unha cita puntuable para o SpainBJJ Tour.
07 / NOV / 2026 - 07 / NOV / 2026 A Casa da Cultura Pintor Lloréns acollerá o sábado 7 de novembro, ás 20:00 horas, unha nova edición do Festival Camiño ao Inverno, unha cita musical que reunirá en Sada tres agrupacións corais procedentes de diferentes puntos da comarca.
07 / NOV / 2026 - 07 / NOV / 2026 A presentación terá lugar o sábado 7 de novembro, ás 12:00 horas, na Biblioteca Municipal de Sada, coa participación da autora, Ivana G. Abuín, de Montse Pena Presas, profesora da USC, e do alcalde de Sada, Benito Portela.
08 / NOV / 2026 - 08 / NOV / 2026 O Auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada acollerá o domingo 8 de novembro, ás 19.00 horas, o espectáculo BenQuerER, unha proposta artística que une a danza de Fran Sieira coa música de Caamaño&Ameixeiras dentro da programación cultural Outono das Artesda Deputación da coruña onde colabora o Concello de Sada
18 / DEC / 2026 - 18 / DEC / 2026 A proba celebrarase o 18 de decembro, con saída das categorías de menores ás 19:00 horas e da carreira absoluta de 5 quilómetros ás 21:00 horas, no contorno de As Brañas.