O Concello de Sada e o Club Atletismo Sada organizan o 2 de novembro a XII CARREIRA DA AUGA UNICEF SADA onde a inscrición será doada INTEGRAMENTE a UNICEF
A Concellería de Cultura programa o VENRES 31 DE OUTUBRO ÁS 12:00 HORAS no Auditorio da Casa da Cultura o espectáculo participativo con animación musical AKELARRE CHISPÚM
O Concello de Sada programa unha serie de actividades que facilita a posibilidade de realizar visitas gratuitas para coñecer outras zonas de Galicia de interés cultural, social ou medioambiental ao longo de todo o ano.
O Concello de Sada, en colaboración co comercio local, organiza un programa especial de actividades co fin de premiar a creatividade e o esforzo do sector á hora de decorar os escaparates dos seus establecementos, así como a súa contribución para impulsar a actividade comercial e potenciar o ambiente festivo durante a festividade de Samaín. As actividades desenvolveranse o 31 de outubro
O obxecto desta convocatoria é regular a concesión de axudas económicas para o pago do servizo de comedor escolar xestionado por ANPAS, na modalidade presencial de luns a venres e durante o período lectivo do curso escolar 2025/2026, para o alumnado escolarizado no Concello de Sada.
Os vindeiros mércores 22 e 29 de outubro terá lugar a proba de selección para formar parte da nova montaxe da Compañía Municipal de Teatro de Sada
Os días 25 e 26 de novembro desprazarase ata Sada un equipo da Policía Nacional para efectuar a expedición de DNI e Pasaporte.
Prazo: O período voluntario de cobranza dos tributos indicados, será do día 31 de outubro de 2025 ao 31 de decembro de 2025.