CONVOCATORIA AYUDAS-BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR

16 / OUT / 2025

CONVOCATORIA AYUDAS-BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR

O obxecto desta convocatoria é regular a concesión de axudas económicas para o pago do servizo de comedor escolar xestionado por ANPAS, na modalidade presencial de luns a venres e durante o período lectivo do curso escolar 2025/2026, para o alumnado escolarizado no Concello de Sada.

Convocatoria axudas-bolsas de comedor escolar baseadas na renda familiar - BOP 15/1072025

ANEXO I - Solicitude bolsa comedor  - PDF - WORD

 

 

Para o goce das bolsas de comedor escolar será necesario que a persoa beneficiaria realice as xestións oportunas para ter asignada, ao comezo do curso escolar, unha das prazas dispoñibles para a prestación deste servizo nun centro escolar do termo municipal.

 

CRÉDITO ORZAMENTARIO DO PROGRAMA

 O crédito total destinado a esta convocatoria é de 41.800 euros.

A base 15 da presente convocatoria prevé a posibilidade de anticipo dun 50% da subvención concedida polo que do dito importe imputarase un máximo de 20.900 euros ao exercicio do 2025 e o resto imputarase ao orzamento municipal do 2026.

 

REQUISITOS QUE DEBEN CUMPRIR AS PERSOAS BENEFICIARIAS

Para ter a condición de persoa beneficiaria, o alumnado deberá reunir os seguintes requisitos que deberán manterse desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e ata a finalización da actividade subvencionada:

  • Estar matriculado nun centro educativo do termo municipal que conte con servizo de comedor autorizado, ou ter solicitado a matrícula dentro do prazo establecido pola Consellería.
  • - Atoparse ao corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
  • - Non incorrer en supostos de incompatibilidade (art. 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións).
  •  

OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS DE BOLSA COMEDOR

  • Realizar as xestións oportunas coa entidade xestora do servizo de comedor para ter asignada, ao comezo do curso escolar, unha das prazas dispoñibles para a prestación deste servizo nun centro escolar do termo municipal e con asistencia continuada de luns a venres.
  • - Asistir ao comedor durante o período lectivo (setembro a xuño) desde a data da concesión da axuda e durante todo o período subvencionado. Os servizos municipais poderán realizar controis aleatorios para comprobar a efectiva asistencia dos menores ao comedor escolar.
  • -Comunicar e xustificar as faltas de asistencia ao comedor escolar a través da plataforma que facilite a entidade xestora, sendo a ANPA quen remita un informe mensual por rexistro de entrada co detalle de nome e días das faltas de asistencia e a xustificación dada, de ser o caso, así como das variacións de altas/baixas/incidencias que podan ter lugar respecto do mes anterior. Máis de quince ausencias sen xustificar conlevará a baixa das becas comedor. Así mesmo ao comezo da prestación do servizo remitirase pola ANPA e polos mesmos medios unha listaxe coa identificación dos alumnos e alumnas inscritos.
  • - Cumprir coa normativa específica reguladora de cada comedor.
  • - Comunicar aos servizos municipais a obtención de calquera outra axuda para a mesma finalidade, xa proceda de calquera administración, entes públicos ou entidades privadas, que resulten incompatibles coa bolsa de comedor municipal.

 

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • A bolsa comedor solicitarase presentando a documentación a través do rexistro municipal, ben de forma presencial ou a través do rexistro electrónico na sede electrónica municipal (sede.sada.gal). De xeito alternativo, a solicitude poderá presentarse por calquera dos medios recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A solicitude deberá acompañarse de:
  • - O anexo de solicitude específica deseñada para a convocatoria (ANEXO I), debidamente asinado pola persoa representante legal do menor que solicita a axuda.
  • - A documentación obrigatoria, que se sinalan as bases 
  • - A documentación complementaria, no caso de que sexa necesaria, segundo se recolle nas bases
  • - O rexistro municipal facilitará copias desta solicitude, que tamén estará dispoñible para descarga na web municipal.
  • - O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. (Quince días hábiles a partr do 15 de outubro 2025)

Arquivado en