10 / FEB / 2026

Proceso de selección para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir praza vacante de Arquitecto/a Técnico/a. A vixencia desta bolsa é de tres anos, prorrogables por outros 3.
10/02/2026 - BASES ESPECÍFICAS BOLSAS DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, SUBESCALA TÉCNICA
Bases xerais para a elaboración de bolsas de emprego temporal para o ano 2026
CARACTERÍSTICAS DA PRAZA.
- a) Denominación da praza: Arquitecto/a Técnico/a
- b) Escala de administración especial, subescala técnica
- c) Grupo de clasificación: A subgrupo A2.
- d) Tipo de relación xurídica: persoal funcionario interino/laboral temporal.
SISTEMA SELECTIVO.
De conformidade co previsto nas bases xerais aprobadas por este Concello de Sada, o sistema selectivo será o de oposición.
TITULACIÓN ESIXIDA PARA O ACCESO Á PRAZA.
- Estar en posesión de Grao universitario ou diplomatura universitaria en Arquitectura Técnica ou equivalente segundo a normativa estatal vixente en materia de homologación de títulos universitarios que habilite para o exercicio da profesión de arquitecto técnico/a. De tratarse dunha titulación obtida no estranxeiro ou no ámbito comunitario, deberá achegarse documento que acredite de maneira fidedigna a súa homologación polas autoridades españolas.
- - Estar en posesión do permiso de condución vixente clase B.
- - Estar en posesión do título CELGA 4 ou outros títulos oficiais equivalentes. No caso de non acreditalo realizarase unha proba conforme ao establecido na base 8ª. Número de anuncio 2026/704 Página 1 / 5BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA Martes, 10 de febreiro de 2026 7ª.
SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN.
As solicitudes de participación achegarase a documentación sinalada na base cuarta das Bases Xerais e axustaranse ao modelo que está a disposición na seguinte ligazón: https://www.sada.gal/ga/a-un-click/impresos ou que se lles facilitará nas dependencias municipais. O prazo é de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación na sede e/ou no BOP