O goberno local mantivo unha reunión coa veciñanza da parroquia de Meirás para explicar en detalle as alegacións presentadas polo Concello de Sada ao proxecto de instalación de almacenamento de enerxía eléctrica en baterías previsto na zona. O encontro, que se prolongou durante preto de dúas horas, contou coa participación de arredor de medio cento de veciños e veciñas.
O goberno local convoca á veciñanza de Meirás a unha reunión para detallar as alegacións presentadas
Persoas usuarias están a manifestar a súa desconformidade co cambio impulsado pola oposición no pleno. O Concello traballa nunha solución que permita recuperar o normal funcionamento que sempre existiu na instalación
A Concellería de Cultura programa as FESTAS DO ENTROIDO do 14 ao 17 de febreiro
O obxecto desta convocatoria é regular a concesión de axudas económicas para o pago do servizo de comedor escolar xestionado por ANPAS, na modalidade presencial de luns a venres e durante o período lectivo do curso escolar 2025/2026, para o alumnado escolarizado no Concello de Sada.
A Alcaldía, por medio do decreto 2089/2025 do 10 de novembro, resolveu aprobar a convocatoria de subvencións dirixidas a deportistas individuais do Concello de Sada para o ano 2025, que se rexerán polas bases reguladoras que se achegan a continuación. Prazo de solicitude do 21/11/2025 ao 12/12/2025 (A.I.)
A Concellería de Promoción Económica en colaboración con ACESADA (Asociación de comerciantes e Empresarios de Sada) abre a convocatorias da campaña de promoción das compras no comercio local polo San Valentín 2026
O Concello de Sada procede á activación dun dispositivo preventivo de seguimento, control e preparación operativa ante un posible risco de asolagamentos na zona da desembocadura do río Maior, ao seu paso polo núcleo urbano.
A concellería de Deportes, Educación e Xuventude oferta para este ano 2026 un CURSO DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS NO CONCELLO DE SADA. destinado á mocidade sadense no que poidan adquirir uns coñecementos específicos ademáis de favorecer unha alternativa de emprego nos meses de xullo e agosto.