24 / MAR / 2026

Convocatoria de proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha (1) praza vacante de auxiliar administrativo persoal funcionario de carreira (OEP 2024) quenda reservada a persoas con discapacidade. A alcaldía polo Decreto núm. 208/2026, do 12 de febreiro, aprobou, convocar novamente, tras quedar deserto nunha primeira convocatoria, o proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha (1) praza de persoal funcionario de carreira da Escala de Administración Xeral, Subescala Auxiliar (Grupo C, subgrupo C2 de clasificación) denominada: auxiliar administrativo, vacante no cadro de persoal e incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2024 (BOP núm. 77, do 19-4-2024), mediante o sistema selectivo de oposición en quenda reservada a persoas con discapacidade. E aplicarlle á dita convocatoria:- as bases específicas aprobadas polo Decreto da Alcaldía núm. 1719/2025, do 23 de setembro (BOP núm.185, do 29-9-2025)- as bases xerais dos procesos selectivos para o desenvolvemento da oferta de emprego público para o Concello de Sada do ano 2024, aprobadas polo Decreto desta Alcaldía núm. 938/2024, do 16 de maio, (BOP núm. 104, do 30-5-2024).
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
DOG núm.55, 24-3-26 Anuncio 2_ conv. aux.adm.xeral OEP 24.
BOP núm.34 de 20.2.2026 anuncio 2_ convocatoria.
BOP núm.185, do 29-9-25 bases convocatoria aux. admón.xeral quenda disc
BOP 104 30 05 2024 bases xerais quenda libre e reservada OEP 2024.