O obxecto desta licitación é o da autorización para o aproveitamento especial do dominio público para instalar un servizo de bar, sen cociña, así como un espazo para instalar un camión de comida (food truck) durante a celebración do «Festival TouliñaPop 2025» que se organizará na Praza Irmáns Suárez Picallo na data do 17.05.2025,
ENLACE Á LICITACIÓN
A licitación dividirase nos seguintes lotes:
- LOTE 1 Servizo de bar para venta de bebidas (sen venta de alimentación)
- LOTE 2 Servizo de camión de comidas (food truck) para venta de produtos de alimentación (sen venta de bebidas)
DURACIÓN DA AUTORIZACIÓN
A explotación do servizos ofertados nos Lotes 1 e 2 executarase nas seguintes datas e horarios de apertura e peche das instalacións:
- Data e horario de montaxe: a partir das 17:00 h do día 16.05.2025.
- Data e horario de apertura: dende as 17:00 h do día 17.05.2025.
- Data e horario de peche: como máximo ata as 03:30 h do 18.05.2025.
- Desmontaxe: a empresa deberá retirar todo o material antes das 15:00h. do 18.05.2025, deixando o espazo da carpa liberado para permitir a celebración doutras actividades programadas.
CANON DA AUTORIZACIÓN
Segundo o informe presentado polos Servizos Económicos municipais para establecer o importe do canon da licitación, establécese o seguinte un canon mínimo por lotes:
LOTE 1 Servizo de bar para venta de bebidas (sen venta de alimentación) 404,61 euros
LOTE 2 Servizo de camión de comidas (food truck) para venta de produtos de alimentación (sen venta de bebidas) 218,16 euros
Entenderase que o canon leva incluída a taxa por ocupación de dominio público municipal regulada polas ordenanzas fiscais vixentes.
O canon será mellorable á alza no importe económico por parte das persoas e empresas licitadoras, a través das súas proposicións.
Lugar e prazo de presentación.
- O anuncio da licitación publicarase no perfil do contratante do Concello de Sada aloxado na Plataforma de Contratos do Sector Público (PLACSP).
- A forma de presentación de ofertas deberá realizarse unicamente por medios telemáticos, no prazo dos DEZ días naturais seguintes ao da publicación do anuncio de licitación no perfil do contratante do Concello de Sada.
- O prazo de presentación de instancias remata o 12/05/2025 ás 23:59 horas.