O Concello de Sada desenvolve esta liña de axudas dirixida a entidades culturais municipais sen ánimo de lucro coa finalidade de colaborar a manter a actividade das asociacións culturais, de fomentar a actividade no eido da cultura no termo municipal e de facilitar que o tecido asociativo acade os obxectivos que lles son propios. Deste xeito, o Concello exerce as súas competencias no fomento da participación da cidadanía na vida cultural, facilita a creación artística e a produción cultural a nivel local e avanza na realización do dereito da cidadanía á cultura. Esta convocatoria ten por obxecto a concesión de subvencións no ámbito do termo municipal de Sada nas materias de “Organización de actividades culturais, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade.
Proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario ou calquera das situacións contempladas no art. 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal funcionario da escala de administración xeral, subescala auxiliar. O órgano competente da Corporación poderá adscribir ós/ás aspirantes nomeados/as, través do correspondente procedemento regulamentario, a calquera posto de traballo que, de acordo co seu grupo de titulación, teña asignadas funcións propias desta categoría profesional. A bolsa de emprego resultado do proceso selectivo substituirá á aprobada para o tipo de posto polo Resolución de Alcaldía núm.1074/2023, do 2 de xuño.
O venres 14, luns 17 e martes 18 de febreiro desprazarase a Sada o Equipo Móbil do DNIe, a fin de efectuar a expedición dos oportunos documentos estimándose un cupo de 50 solicitudes.
Convocatoria do proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha (1) praza de persoal funcionario de carreira da Escala de Administración Especial, Subescala Técnica (Grupo B de clasificación), denominada: técnico de deportes, vacante no cadro de persoal e incluída na Oferta de Emprego Público de estabilización (OEPE) consonte á Lei 20/2021 de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público (BOP núm.100, 27-5-2022), mediante o sistema selectivo de concurso-oposición en quenda libre.
Proceso selectivo provisión en propiedade polo sistema de concurso por quenda libre, de duas (2) prazas de funcionario denominada: auxiliar administrativo (de comunicación), pertencente á escala de administración xeral,grupo C, subgrupo C2, incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2022 de estabilización OEPE 9-2022.
Convocatoria para a provisión en propiedade polo sistema de concurso-oposición de unha (1) praza de auxiliar administrativo (de secretaría), funcionario (estabilización) OEPE 11-2022
A Alcaldía do Concello ditou o 26 de maio de 2023 a resolución 1022/2023, que a continuación se transcribe literalmente: Logo de ver as propostas do Tribunal Cualificador, nomeado en execución de sentenza polo Decreto da Alcaldía núm.693/2022, do 20 de maio (BOP núm.96, 23-5-2022), correspondentes ás probas selectivas para a provisión das prazas vacantes de: once (11) de auxiliar administrativo, e tres (3) de operario, pertencentes á oferta de emprego público de 2005.
Con estas bases regularase a participación na cabalgata das nenas e nenos que queiran participar como figurantes acompañando ás súas maxestades os Reis Magos de Oriente, no seu percorrido polas rúas sadenses.
Plaza de animador tiempo libre OEP 2005 desistencia de inclusión en OEPE e formalización contrato ejecución sentencia
O pasado 24 de decembro celebrouse o sorteo dos 1.000€ da Campaña de Nadal que promove a Concellería de Promoción Económica para potenciar o comercio local , resultando gañador dos 1.000 euros o ticket co número 609. O sorteo tamén indicou que os números reserva son: Primer reserva: 915, Segundo reserva: 412, Tercer reserva: 1.824
As presentes bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a provisión en propiedade, polo sistema de oposición por quenda libre, de unha (1) praza de funcionario denominada: traballador social, pertencente á escala de administración especial, subescala técnica, clase servizos técnicos, grupo A, subgrupo A2, incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2024 de quenda reservada a persoas con discapacidade. en todo aquelo que non estea previsto nas Bases xerais dos procesos selectivos para o desenvolvemento de quenda libre e quenda reservada a persoas con discapacidade da Oferta de Emprego Público para o Concello de Sada do ano 2024.