Convocatoria procesos selectivos para a Brigada incedios forestais

30 / ABR / 2025

Convocatoria procesos selectivos para a Brigada incedios forestais

Convocatoria bolsa de emprego para postos de Xefe de brigada, peón e peón-conductor

Para participar en cada un dos procesos selectivos (peón e/ou peón-conducor) haberá que presentar unha instancia diferente cun rexistro diferente.

Ás solicitudes de participación achegarase a documentación sinalada na base cuarta das Bases Xerais e axustaranse ao modelo que está a disposición na seguinte ligazón: https://www.sada.gal/ga/a-un-click/impresos ou que se lles facilitará nas dependencias municipais. (recoméndase imprimilo en formato .pdf unha vez cumprimentado e antes de asinalo, para que os campos do formulario queden pechados)

O prazo de presentación de solicitudes é o establecido na base sétima das específicas (cinco -5- días hábiles a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP), o cual produciuse hoxe. E haberá de presentarse electrónicamente cosonte á Ordenanza de administración electrónica do Concello de Sada.

As taxas serán as establecidas na base quinta das xerais para o grupo E,Agrupacións profesionais/asimilado (6 euros). A carta de pagamento descargarase seguindo o procedemento que aparece na sede electrónica do Concello de Sada (Oficina Virtual Tributaria), opción: pagamento de taxas/Exp.doc,act,addm e outros dos/dereitos de exame. Indicar como concepto do ingreso: Taxas PSB 2-2025-A (se optase para a bolsa de peón) e/ou Taxas PSB 2-2025-B (se optase para a bolsa de peón-condutor). Si se opta as dúas haberá que pagar dúas taxas.

Arquivado en