CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN SADA 2025

06 / MAI / 2025

CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN SADA 2025

A Concellería de Deporte, Educación e Xuventude do Concello de Sada, leva a cabo a promoción e organización de actividades socioeducativas destinadas á infancia e á mocidade no eido do lecer e o tempo libre. É consciente esta concellería da importancia que ten facilitar canles polas que os nenos/as poidan participar neste tipo de actividades, e polo que este ano convócase a oferta do Campamento de Conciliación 2025. O Concello de Sada pretende desta forma atender á demanda individual de ocio educativo, así como ás necesidades de conciliación das familias sadenses.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN HABILITADO DO 12 AO 25 DE MAIO

BASES DE PARTICIPACIÓN NO CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN SADA 2025

DECLARACIÓN XURADA

 

Obxecto.  

Co obxectivo de facilitar a participación en actividades de lecer e tempo libre, o Concello de Sada, oferta 100 prazas para o Campamento de Conciliación 2025.  

As diferentes actividades que integran esta oferta, levaranse a cabo nun centro de ensino ou equipamento municipal atendendo aos diferentes grupos de idade durante o período que transcorre dende o 30 de xuño ao 24 de xullo (agás sábados, domingos e festivos).  

Os/as interesados/as poderán solicitar información na OMIX en horario de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas de luns a venres (a partires do 1 xuño só en horario de mañá), no telefono 981620331 ou no correo: omixsada@gmail.com  

 

Requisitos dos participantes, lugar de realización, prazas e quendas  

  •  -É imprescindible que o/a menor solicitante esté empadroado/a no Concello de Sada con anterioridade ao 1 de maio de 2025. A comprobación deste dato farase de oficio a través do padrón municipal, polo que non será necesario aportar ningún documento acreditativo.  
  •  -Que ámbolos dous proxenitores ou titores legais estén traballando (ou un deles en caso de acreditar a condición de familia monoparental).  
  •  - Os participantes deben estar escolarizados no presente curso escolar nalgún dos seguintes niveis:  2º ciclo  Educación Infantil (4º, 5º, 6º ) - Educación Primaria (1º, 2º, 3º, 4º, 5º, 6º)   

 

Lugar de realización:  

Centro de ensino ou equipamento municipal (non haberá servizo de transporte).  

 

Quendas  

  • - 1ª Quenda: 30 xuño ao 11 xullo.
  • - 2ª Quenda: 14 xullo ao 24 xullo.  Nota: o festivo 25 de xullo non haberá actividade.  

 

Prazas  

  • 100 distribuidas en 50 prazas por cada quenda.  

Servizos ofertados  

As actividades desenvolveranse de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 h.  

Na oferta , os/as participantes disporán de:  

  • a) Un programa de actividades de carácter educativo, lúdico e convivencial, que posibilite a participación. A temática será multiactividade, adaptada aos diferentes grupos de idade, desenvolvendo así diferentes xornadas de carácter pre-deportivo, musical, artístico, incluindo ximkanas, contacontos, obradoiros, etc.
  • b) O material necesario para a realización das actividade.  
  • c) Un equipo técnico de persoal especializado en educación, animación deportiva e actividades de lecer e tempo libre.  
  • d) Seguro de responsabilidade civil para os participantes e atención sanitaria de primeiros auxilios.  
  • e) Servizo de Mañanceiros gratuito en horario de 08:30 a 09:00 h. Debe existir un mínimo de 10 solicitudes por quenda.  
  • IMPORTANTE: Non haberá servizo de transporte ás instalacións  

 

Prazo para formalizar a inscrición.  

  • O prazo para formalizar a inscrición será do 12 ao 25 de maio (inclusive). Calquera inscrición realizada fóra deste prazo non será admitida.  

 

Presentación das solicitudes.  

  • -Individual: Cada participante poderá presentar unha única solicitude elixindo por orde de preferencia as quendas das que desexa desfrutar.  
  • -Múltiple: Os irmáns/ás que desexen asistir á/ás mesma/s quenda/as, solicitarán praza múltiple na mesma solicitude. 

A presentación da solicitude deberá realizarse obrigatoriamente no formulario on-line habilitado na web municipal. No mesmo formulario poderanse engadir os documentos que acrediten descontos ou calquera outro que requira a inscrición en formato arquivo ou en todo caso se non fose posible, envialos escaneados a omixsada@gmail.com.  

A documentación complementaria a presentar coa solicitude é a seguinte:  

  • - Copia do DNI dos proxenitores ou titores legais
  • - Documento xustificativo do traballo de ambos proxenitores ou titores legais: * Vida laboral actualizada na data da solicitude de ámbolos dous * Informe ou certificado de empresa co horario de traballo para traballador/a por conta allea. * Declaración xurada (modelo dispoñible en sada.gal) e documento de Acreditación de alta, baixa ou modificacións en traballo autónomo ( https://portal.seg-social.gob.es/)
  • - Certificado de familia monoparental, se fose o caso.
  • - Certificado de familia numerosa, se fose o caso  

 

Adxudicación de prazas.  

  • A adxudicación das prazas realizarase atendendo os seguintes criterios:  
    1º.- Praza directa para os/as participantes derivados de servizos sociais de atención primaria, previo informe favorable dos servizos técnicos municipais. O número por quenda será establecido segundo as necesidades do servizo sen superar o 5% das prazas ofertadas en total. Estas prazas poderan ter ou non exención de pago segundo o informe técnico.  
  • 2º.- Praza directa en caso de que as solicitudes non excedan das prazas ofertadas en cada quenda.  
  • 3º.- Por sorteo no caso de que as solicitudes superen as 50 prazas dispoñibles por quenda. Poderase establecer unha listaxe de agarda. Neste caso, o día do sorteo será o 2 de xuño.

 IMPORTANTE: No suposto de que un menor realice a solicitude para duas quendas e teña que optar polo sorteo para obter unha praza, terase en consideración a adxudicación desa praza si outro menor tamén obtivo as duas quendas no sorteo. Neste caso, este concellería considera que fará un reparto equitativo para que os dous menores poidan, alomenos, desfrutar dalguna das quendas se hai prazas dispoñibles.  

 

Publicación da listaxe de admitidos/as  

Entre o día 5 e 6 de xuño publicarase a listaxe de admitidos/as con praza e a listaxe de agarda se fose o caso. Poderase consultar na web www.sada.gal e no taboleiro de anuncios da OMIX.  

Se o solicitante con praza desexa renunciar a ela, deberá comunicalo por escrito enviando un correo electrónico a omixsada@gmail.com.  

 

Pagamento das cotas.  

O prezo do Campamento por quenda é de 65€. Os prezos de aplicación para os/as participantes no Campamento de Conciliación 2025 serán os que se establezan no informe de prezo público, previa aprobación dos Servizos Económicos Municipais.

Prazo de pago: do 6 ao 13 de xuño  

Forma de pago:  Online a través da Oficina Virtual Tributaria (taxa campamento) https://ovtsada.dacoruna.gal/ga/150757/ASADA/tasas .

No recibo de pagamento deberá figurar o nome e apelidos do/a participante e a quenda/as solicitada/as. O xustificante deberá ser enviado a omixsada@gmail.com no mesmo prazo de realización do pago.

De non entregarse xustificante bancario no prazo estipulado, implicará a perda de praza.  

Establécese un periodo extraordinario para posibles incorporacións da listaxe de agarda en caso de renuncias ou vacantes sendo do 16 ao 20 de xuño (inclusive).  

 

Funcionamento do Campamento de Conciliación.  

  • - Participantes que soliciten o servizo de Mañanceiros : accederán ás instalacións ás 08:30 h., sendo a saída ás 14.00 h.  
  • - Participantes que non soliciten o servizo de Mañanceiros: poden acceder ás instalacións ás 09.00, sendo a saída ás 14:00 h.  
  • NOTA: A instalación do centro permanecerá pechada por seguridade unha vez que se sobrepase a hora de chegada estipulada.  
  • Se por calquera motivo xustificable o/a participante necesitará facer a incorporación, ou a saída da actividade, fóra do horario establecido, deberá avisar previamente ao responsable da mesma, que será quen se encargará de levar a cabo dita labor da maneira menos perxudicial para o desenvolvemento das actividades programadas.  

 

Arquivado en