A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Sada convoca un concurso de creación literaria de participación aberta ao conxunto da comunidade na modalidade de poesía. A iniciativa enmárcase dentro do marco de celebración das Letras Galegas e complementa ao conxunto coa programación cultural municipal.
A Concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías oferta 140 prazas nas Escolas de Verán 2022 para atender á demanda individual de ocio educativo, así como ás necesidades de conciliación das familias sadenses.
A Xunta de Galicia puxo en marcha o programa de Coidados porta a porta, un autobús que estará na Praza Irmáns Suárez Picallo de Sada xoves 28 e venres 29 de abril así como o luns 2 e martes 3 de maio, para ofrecer consultas de audiología, podoloxía e estimulación da memoria.
A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego organiza do 20 ao 22 de maio unha feira de establecementos de comida móbil nunha carpa que se instalará na Plaza Irmáns Suárez Picallo
“A maleta viaxeira” chega ás parroquias de Sada para promover hábitos de lectura. A concelleira de participación Cidadá e Mocidade, Rebeca Mouriño, propón con esta iniciativa “revitalizar os espazos creando lugares atractivos onde prime o movemento social interxeneracional”.
O Club de Atletismo Sada e o Concello de Sada organizan conxuntamento o VI TRAIL COSTA DOCE que terá lugar o sábado 11 e o domingo 12 de xuño do 2022 en Sada.
Destinada á clase ILCA a regata disputarase os días 26 e 27 de marzo na ría de Sada e contará con máis de 100 embarcacións da modalidade chegadas de toda Galicia
A Concellería de Normalización Lingüística e Medio Ambiente organiza o domingo 27 de marzo na Casa da Cultura "Pintor Lloréns" en horario de 12.00 a 13.00h un obradoiro de Arte e Xogo.
O evento do comercio local sadense cambia de datas, logo da petición dos comercios participantes ante a previsión meteorolóxica para este fin de semana, e terá lugar na nosa vila o sábado 2 e o domingo 3 de abril no espazo habilitado no Paseo Marítimo detrás da Terraza.
A Rede Feminista Sadense convoca, coa colaboración do Concello de Sada, o II certame de Microrrelatos do 8 de marzo, Día Internacional da Muller
No Día Internacional das Mulleres, o Concello de Sada e a Coordinadora Galega de ONGD poñen en valor o traballo das defensoras de dereitos humanos. A exposición, que poderá visitarse desde o 8 de marzo ata o 8 de abril, forma parte dos actos de celebración do 30 aniversario da Coordinadora Galega de ONGD
Tanto os técnicos de Augas de Galicia coma os da empresa adxudicataria da redacción do proxecto construtivo consideran esta alternativa a máis favorable, tanto hidráulica como ambientalmente, para a minoración do risco de inundación.