Actualidade

Competencias e habilidades dixitais para o emprego

16 / OUT / 2024

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Emprego, en colaboración co Consorcio As Mariñas e a Fundación Mujeres, pon en marcha un Itinerario de emprego para apoiar a inserción laboral e social das mulleres de Sada. O itinerario consta de 11 días de formación presencial relacionada coa procura de emprego, de titorías personalizadas así como intermediación laboral, e conta tamén con bolsa de emprego para facilitar a súa inserción.

COMPARTIR EN:

Convocatoria Subvencións Entidades Deportivas do Concello de Sada 2024

10 / OUT / 2024

O Concello de Sada quere, pola presente convocatoria, dar apoio ás entidades deportivas e contribuír para que acaden os obxectivos que lles son propios, fomentar a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación, contribuíndo, deste xeito, a impulsar a igualdade e a democratización da sociedade, estas subvencións están recollidas dentro do Plan Estratéxico de subvencións 2024-26. En canto ás subvencións ás entidades deportivas, a presente convocatoria márcase obxectivos de carácter xeral como a mellora da xestión e organización de actividades deportivas mediante a concesión de subvencións. Son prioritarias nesta convocatoria as accións tendentes a impulsar o desenvolvemento das citadas actividades federadas, fomento do deporte de base, fomento do deporte escolar, e deporte inclusivo

COMPARTIR EN:

Convocatoria de subvencións para ANPAS de centros ...escolares municipais 2024

12 / NOV / 2024

Concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva para colaborar nos gastos derivados das actividades das asociacións de nais e pais de alumnado dos centros de educación primaria e institutos de educación secundaria mantidos con fondos públicos do municipio durante o exercicio 2024. A finalidade desta subvención é potenciar actividades formativas e outro tipo de actividades de crecemento e desenvolvemento persoal baseado en valores, como complemento da educación, favorecendo a participación das familias na vida escolar. Entre os obxectivos específicos están impulsar as actividades de conciliación familiar e de encontro entre o alumnado e as familias así como favorecer a inclusión e igualdade de oportunidades entre o alumnado.

COMPARTIR EN:

Convocatoria de axudas económicas aos desprazament...os co fin escolar. Curso 2024-2025

12 / NOV / 2024

A presente convocatoria ten por obxecto o regulamento de concesión directa de axudas individualizadas para colaborar nos gastos correntes dos desprazamentos co fin escolar dirixida ao alumnado empadroado no Concello de Sada para o curso 2024- 2025, favorecendo o acceso aos centros de ensino públicos mediante unha axuda nos gastos derivados da utilización de calquera tipo de transporte para acceder aos mesmos. Dende a Concellería de Deporte, Educación e Xuventude do Concello de Sada preténdese incentivar a continuación de estudos non obrigatorios daquelas persoas que por circunstancias xeográficas, deben desplazarse ao non ter oferta formativa suficiente no termo municipal de Sada. Por outra banda, estas axudas posibilitan que aqueles estudantes, independentemente da súa situación económica, teñan acceso a unha educación de calidade, especialmente no caso que nos ocupa de ensinanzas non obrigatorias, onde os custes asociados son máis elevados. Estas axudas individualizadas non compensan na totalidade os gastos derivados do transporte, pero si incentivan ao alumnado para poder axudar ao esforzo económico que realizan as familias durante o curso escolar.

COMPARTIR EN:

Convocatoria de subvencións a entidades para a pro...moción de festexos patronais parroquiais 2024

12 / NOV / 2024

O Concello de Sada desenvolve esta liña de axudas dirixidas a entidades organizadoras das festas patronais parroquiais coa finalidade de contribuír a que acaden os obxectivos que lles son propios, fomentar a participación activa da cidadanía na celebración e conservación das festas parroquiais de maior tradición e arraigo, que forman parte da nosa identidade e memoria colectivas. Esta convocatoria ten por obxecto establecer o procedemento e criterios para a concesión de subvencións no ámbito do termo municipal de Sada para a “Organización de festas patronais parroquiais”, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade.

COMPARTIR EN:

Convocatoria de subvencións a entidades sen ánimo ...de lucro para organizar actividades culturais 2024

12 / NOV / 2024

O Concello de Sada desenvolve esta liña de axudas dirixida a entidades culturais municipais sen ánimo de lucro coa finalidade de colaborar a manter a actividade das asociacións culturais, de fomentar a actividade no eido da cultura no termo municipal e de facilitar que o tecido asociativo acade os obxectivos que lles son propios. Deste xeito, o Concello exerce as súas competencias no fomento da participación da cidadanía na vida cultural, facilita a creación artística e a produción cultural a nivel local e avanza na realización do dereito da cidadanía á cultura. Esta convocatoria ten por obxecto a concesión de subvencións no ámbito do termo municipal de Sada nas materias de “Organización de actividades culturais, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade.

COMPARTIR EN:

Filtrar

 Concurso-oposición praza de técnico de deportes, funcionario (estabilización)

Concurso-oposición praza de técnico de deportes, funcionario (estabilización)

Proceso selectivo provisión en propiedade polo sistema de concurso-oposición por quenda libre de unha (1) praza de funcionario denominada: Técnico de deportes, pertencente á escala de administración especial, subescala técnica, grupo A, subgrupo A2, incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2022 de estabilización OEPE 16-2022


12 / NOV / 2024

COMPARTIR EN:
Proceso selectivo de unha praza de educador social, estabilización

Proceso selectivo de unha praza de educador social, estabilización

Proceso selectivo provisión en propiedade polo sistema de concurso-oposición por quenda libre de unha (1) praza de funcionario denominada: Educador social, pertencente á escala de administración especial, subescala técnica ,grupo A, subgrupo A2, incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2022 de estabilización OEPE 15-2022


08 / NOV / 2024

COMPARTIR EN:
CONVOCATORIA PRAZA DE TRABALLADOR SOCIAL, FUNCIONARIO GRUPO A/A2 OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2024 QUENDA RESERVADA A PERSOAS CON DISCAPACIDADE

CONVOCATORIA PRAZA DE TRABALLADOR SOCIAL, FUNCIONARIO GRUPO A/A2 OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2024 QUENDA RESERVADA A PERSOAS CON DISCAPACIDADE

As presentes bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a provisión en propiedade, polo sistema de oposición por quenda libre, de unha (1) praza de funcionario denominada: traballador social, pertencente á escala de administración especial, subescala técnica, clase servizos técnicos, grupo A, subgrupo A2, incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2024 de quenda reservada a persoas con discapacidade. en todo aquelo que non estea previsto nas Bases xerais dos procesos selectivos para o desenvolvemento de quenda libre e quenda reservada a persoas con discapacidade da Oferta de Emprego Público para o Concello de Sada do ano 2024.


07 / NOV / 2024

COMPARTIR EN:
Bolsa de emprego de arquitectos/as técnicos/as

Bolsa de emprego de arquitectos/as técnicos/as

Proceso de selección para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario ou calquera das situacións contempladas no art. 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, ou contratacións temporais de carácter laboral do art. 15 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal a escala de administración especial, subescala técnica, en todo aquelo que non estea previsto nas “BASES XERAIS PARA ELABORAR BOLSAS DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DO CONCELLO DURANTE O 2024”, aprobadas por Resolución de Alcaldía 820/2024 de data 30 de abril. d. (BOP núm.88, do 07-05-2024).


06 / NOV / 2024

COMPARTIR EN:
CAMPAÑA DA NEVE 2025

CAMPAÑA DA NEVE 2025

A Deputación da Coruña, programa a “Campaña da Neve 2025” na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias) para nenos e nenas de toda a provincia con idades entre 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2024).


06 / NOV / 2024

COMPARTIR EN:
Proceso selectivo praza de funcionario: Psicólogo, estabilización

Proceso selectivo praza de funcionario: Psicólogo, estabilización

Proceso selectivo provisión en propiedade polo sistema de concurso-oposición por quenda libre de unha (1) praza de funcionario denominada: Psicólogo, pertencente á escala de administración especial, subescala técnica ,grupo A, subgrupo A1, incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2022 de estabilización OEPE 19-2022


30 / OUT / 2024

COMPARTIR EN:
BOLSA DE EMPREGO FUNCIONARIOS DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBESCALA AUXILIAR

BOLSA DE EMPREGO FUNCIONARIOS DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBESCALA AUXILIAR

Proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario ou calquera das situacións contempladas no art. 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal funcionario da escala de administración xeral, subescala auxiliar. O órgano competente da Corporación poderá adscribir ós/ás aspirantes nomeados/as, través do correspondente procedemento regulamentario, a calquera posto de traballo que, de acordo co seu grupo de titulación, teña asignadas funcións propias desta categoría profesional. A bolsa de emprego resultado do proceso selectivo substituirá á aprobada para o tipo de posto polo Resolución de Alcaldía núm.1074/2023, do 2 de xuño.


25 / OUT / 2024

COMPARTIR EN:
CONVOCATORIA OPOSICIÓN ORDENANZA, PERSOAL FUNCIONARIO OEP 2022

CONVOCATORIA OPOSICIÓN ORDENANZA, PERSOAL FUNCIONARIO OEP 2022

As presentes bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a provisión en propiedade, polo sistema de oposición por quenda libre, dunha (1) praza de ordenanza, persoal funcionario, pertencente á escala de Administración Xeral, Subescala Subalterna, Grupo E/AP, vacante no Cadro de Persoal e incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2022, en todo aquelo que non estea previsto nas Bases xerais dos procesos selectivos para o desenvolvemento da Oferta de Emprego Público para o Concello de Sada do ano 2022, aprobadas pola resolución da Alcaldía núm. 789/2023, 27 de abril e publicado no BOP núm 85 de 05-05-2023.


23 / OUT / 2024

COMPARTIR EN:
Convocatoria de eleccións para os cargos de xuíz de paz titular e substituto

Convocatoria de eleccións para os cargos de xuíz de paz titular e substituto

Faise público para xeral coñecemento que por resolución do día 15/10/2024 e de conformidade co establecido na Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial, convócanse eleccións para os cargos de Xuíz de Paz titular e substituto do Municipio de Sada.


21 / OUT / 2024

COMPARTIR EN:
CANTACONTOS KAIROS, MÚSICA E CONTOS

CANTACONTOS KAIROS, MÚSICA E CONTOS

O venres día 25 de outubro ás 18:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura terá lugar o Cantacontos Kairos para nenos e nenas con idades de 0 a 6 anos. Espectáculo da Rede Cultural da Deputación


21 / OUT / 2024

COMPARTIR EN:
SEGUNDA CONVOCATORIA PRAZA DE TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN XERAL OEP 2021

SEGUNDA CONVOCATORIA PRAZA DE TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN XERAL OEP 2021

As presentes bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a provisión en propiedade, polo sistema de oposición por quenda libre, dunha (1) praza de Técnico de Administración Xeral funcionario de carreira da Escala de Administración Xeral, Subescala Técnica, pertencente ao Grupo A, subgrupo A1 de clasificacións, vacante no Cadro de Persoal e incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2021 (BOP núm. 246, do 28-12-2021) en todo aquelo que non estea previsto nas Bases xerais dos procesos selectivos para o desenvolvemento da Oferta de Emprego Público para o Concello de Sada do ano 2021, aprobadas pola resolución da Alcaldía núm. 788/2023, 27 de abril e publicado no BOP núm 85, do 05-05-2023.


09 / OUT / 2024

COMPARTIR EN: