A Escola Municipal de Teatro, dependente da Concellería de Cultura do Concello de Sada, oferta para o curso 2024-2025 unha proposta no eido das artes escénicas, desenvolvéndose fóra do horario lectivo en equipamentos municipais. Os seus obxectivos céntranse, por unha parte, na creación dunha oferta socieducativa que permita o fomento de novas capacidades e por outra, como obxectivo pedagóxico desenvolver as capacidades creativas, comunicativas e expresivas do alumnado a través do xogo, a improvisación teatral e o intercambio de roles.
BASES QUE REXEN O PROCESO DE ADMISIÓN E MATRICULACION NA ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA DE SADA CURSO 2024-2025
O executivo local impulsa así a unha obra necesaria para que os patinadores da vila poidan adestrar e competir con seguridade. Dende o Concello queremos agradecer a paciencia que os patinadores da nosa vila, especialmente o Club Sada Patín, tiveron ó longo deste tempo no que a pista estivo inutilizada
A Concellería de Deporte visibiliza as distintas opcións das Escolas Deportivas Municipais para o curso 2024-2025
A empresa Calfensa Proyectos iniciou a mediados de mes as obras, que foran adxudicadas por un importe de 471.000 euros. Os traballos teñen un prazo de execución de once semanas, polo que o seu remate está previsto antes de que remate este ano 2024.
O Concello de Sada impulsa a rehabilitación destas instalacións escolares nun novo centro social para a veciñanza. Ó ritmo que avanzan os traballos será posible que a obra estea rematada de cara a finais do próximo mes
Proceso de selección para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario ou calquera das situacións contempladas no art. 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, ou contratacións temporais de carácter laboral do art. 15 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal educador social, da escala de administración especial, subescala técnica, en todo aquelo que non estea previsto nas “BASES XERAIS PARA ELABORAR BOLSAS DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DO CONCELLO DURANTE O 2024”, aprobadas por Resolución de Alcaldía 820/2024 de data 30 de abril. d. (BOP núm.88, do 07-05-2024).
A Concellería de Cultura anuncia o programa das Festas de Agosto do verán 2024 en Sada
As presentes bases teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a provisión en propiedade, polo sistema de oposición por quenda libre, dunha (1) praza de Técnico de Administración Xeral funcionario de carreira da Escala de Administración Xeral, Subescala Técnica, pertencente ao Grupo A, subgrupo A1 de clasificacións, vacante no Cadro de Persoal e incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2021 (BOP núm. 246, do 28-12-2021) en todo aquelo que non estea previsto nas Bases xerais dos procesos selectivos para o desenvolvemento da Oferta de Emprego Público para o Concello de Sada do ano 2021, aprobadas pola resolución da Alcaldía núm. 788/2023, 27 de abril e publicado no BOP núm 85, do 05-05-2023.
O obxecto destas bases reguladoras é o de establecer as condicións de participación na Feira Sada Comercio, que se organiza para promover o comercio local e o consumo de proximidade no Concello de Sada. As bases regularán o procedemento de inscrición e de solicitude de autorización para ocupar un posto de venta nesta edición da feira.
Terá lugar nesta última fin de semana de xullo, con actividades o venres 26, sábado 27 e domingo 28. Dende o goberno local animamos á veciñanza, comerciantes e visitantes a vestirse coas súas mellores galas modernistas para celebrar esta festa
Esta convocatoria ten por obxecto establecer o procedemento, criterios de valoración e condicións para o outorgamento de autorizacións para ocupar en espazo público os postos para exercer a venta ambulante dentro do mercado da XIII Feira Modernista de Sada.