Actualidade

O Concello de Sada licita por máis de medio millón de euros o contrato do Servizo de Atención Temperá

07 / NOV / 2026

O novo contrato, cunha duración de dous anos prorrogable por un ano máis, garante un equipo especializado para atender os nenos e nenas de 0 a 6 anos e as súas familias. A concelleira de Benestar Social, Patricia Martínez, destaca que a atención continuada e próxima ten un efecto moi positivo no desenvolvemento dos menores

COMPARTIR EN:

SADA LICITA OBRAS NO CENTRO OCUPACIONAL DE OSEDO POR 82.000 EUROS

07 / NOV / 2026

O Concello de Sada licita por 99.111 euros (IVA incluido) as obras de peche, pavimentación e instalación eléctrica do Centro Municipal de Formación Ocupacional de Osedo, co obxectivo de completar o acondicionamento das instalacións e mellorar a súa seguridade, accesibilidade e equipamento docente.

COMPARTIR EN:

Subvención municipal dirixida a entidades deportiv...as 2026

11 / NOV / 2026

O Concello de Sada convoca a subvención municipal para entidades deportivas, incluída na liña 4.2 do Plan Estratéxico de Subvencións, destinando fondos públicos para fomentar a labor de entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividade deportiva real e continuada no municipio. O obxectivo é o de fomentar o desenvolvemento de proxectos deportivos con impacto positivo sobre o conxunto da poboación municipal, aportando recursos para promover hábitos de vida saudables e para favorecer a práctica deportiva frecuente entre a veciñanza

COMPARTIR EN:

Axudas económicas aos desprazamentos co fin escola...r para o curso 2026

11 / NOV / 2026

As presentes bases teñen por obxecto regular a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas destinadas a financiar parcialmente os gastos de transporte derivados do desprazamento a centros educativos situados fóra do termo municipal do Concello de Sada. A finalidade destas axudas é favorecer o acceso, permanencia e igualdade de oportunidades no sistema educativo do alumnado empadroado no municipio que curse ensinanzas oficiais de carácter non obrigatorio, contribuíndo á redución da carga económica que tales desprazamentos supoñen para as súas unidades familiares.

COMPARTIR EN:

Subvención municipal para a actividade anual das A...NPAs para o ano 2026

11 / NOV / 2026

O obxecto destas bases é o de regular especificamente a concesión de axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado dos centros de educación primaria e de educación secundaria do Concello de Sada con efectos para o exercicio 2026, en réxime de concorrencia competitiva, para fomentar a realización de actividades formativas e favorecedoras do desenvolvemento persoal, que dinamicen a participación das familias na vida escolar e con valores e horarios que complementen aos da educación obrigatoria.

COMPARTIR EN:

Subvención municipal dirixida a entidades sen ánim...o de lucro para organizar actividades culturais para o ano 2026

11 / NOV / 2026

Estas bases específicas teñen por obxecto regular a concesión de subvencións municipais nas materias de organización de actividades culturais, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade, con efectos unicamente para o exercicio 2026.

COMPARTIR EN:

Filtrar

 Subvención municipal para a organización de Festas Patronais Parroquiais para o ano 2026

Subvención municipal para a organización de Festas Patronais Parroquiais para o ano 2026

Estas bases específicas teñen por obxecto regular a concesión de subvencións municipais para a organización de festas patronais parroquiais, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade, con efectos unicamente para o exercicio 2026.


11 / NOV / 2026

COMPARTIR EN:
Bolsas de comedor escolar - Curso 2026/27

Bolsas de comedor escolar - Curso 2026/27

O obxecto destas bases é o de regular a concesión de axudas económicas para o pago do servizo de comedor escolar xestionado por ANPAS, na modalidade presencial de asistencia regular (non ocasional), de luns a venres ou en determinados días da semana, durante o período lectivo do curso escolar 2026/2027, dirixidas a alumnado escolarizado no Concello de Sada.


11 / NOV / 2026

COMPARTIR EN:
SAÍDAS GRATUITAS DE SENDEIRISMO 2026

SAÍDAS GRATUITAS DE SENDEIRISMO 2026

O Concello de Sada organiza saídas de sendeirismo gratuitas deseñadas e guiadas por persoas expertas en interpretación medioambiental.


10 / NOV / 2026

COMPARTIR EN:
SAÍDA DE OBSERVACIÓN ORNITOLÓXICA

SAÍDA DE OBSERVACIÓN ORNITOLÓXICA

O Concello de Sada organiza as saídas medioambientais gratuitas deseñadas e guiadas por persoas expertas da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) nesta ocasión unha saída para a observación de aves na Ría do Burgo


09 / NOV / 2026

COMPARTIR EN:
SADA, AULAS ABERTAS: 41 SAÍDAS EDUCATIVAS PARA ACHEGAR O ALUMNADO AO PATRIMONIO, Á CULTURA E AO MEDIO AMBIENTE

SADA, AULAS ABERTAS: 41 SAÍDAS EDUCATIVAS PARA ACHEGAR O ALUMNADO AO PATRIMONIO, Á CULTURA E AO MEDIO AMBIENTE

O Concello de Sada, a través da Concellería de Educación, promove unha programación de 41 saídas educativas que chegarán aos cinco centros escolares do municipio e a máis de 1.100 alumnos e alumnas. O obxectivo é complementar a aprendizaxe nas aulas mediante o contacto directo co patrimonio histórico e artístico, a memoria democrática, as tradicións locais e os recursos ambientais da contorna.


31 / OUT / 2026

COMPARTIR EN:
BOLSAS DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE FUNCIONARIOS DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBESCALA AUXILIAR

BOLSAS DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE FUNCIONARIOS DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBESCALA AUXILIAR

Estas bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario ou calquera das situacións contempladas no art. 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal funcionario da escala de administración xeral, subescala auxiliar, en todo aquelo que non estea previsto nas “BASES XERAIS PARA ELABORAR BOLSAS DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DO CONCELLO DURANTE O 2026”, aprobadas por Resolución de Alcaldía núm.176/2026, de 5 de febreiro, (BOP núm.27, do 10.02.2026)


29 / OUT / 2026

COMPARTIR EN:
CONVOCATORIA AXUDAS-BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR

CONVOCATORIA AXUDAS-BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR

O obxecto desta convocatoria é regular a concesión de axudas económicas para o pago do servizo de comedor escolar xestionado por ANPAS, na modalidade presencial de luns a venres e durante o período lectivo do curso escolar 2025/2026, para o alumnado escolarizado no Concello de Sada.


23 / OUT / 2026

COMPARTIR EN:
Sada súmase á nova campaña de compostaxe doméstica do Consorcio As Mariñas

Sada súmase á nova campaña de compostaxe doméstica do Consorcio As Mariñas

As veciñas e veciños de Sada poden anotarse xa para recibir formación gratuíta, composteiro e material para comezar a compostar na casa


20 / OUT / 2026

COMPARTIR EN:
VISITA E COÑECE GALICIA 2026

VISITA E COÑECE GALICIA 2026

O Concello de Sada, a través da concellería de Educación, Depotte e Xuventude, organiza tres saídas culturais para coñecer Galicia ao longo de 2026


20 / OUT / 2026

COMPARTIR EN:
Xincana Truco ou Trato e Concurso de Escaparates de Medo 2026

Xincana Truco ou Trato e Concurso de Escaparates de Medo 2026

O Concello de Sada, en colaboración co comercio local, organiza un programa especial de actividades co fin de premiar a creatividade e o esforzo do sector á hora de decorar os escaparates dos seus establecementos, así como a súa contribución para impulsar a actividade comercial e potenciar o ambiente festivo durante a festividade de Samaín. As actividades desenvolveranse vernes o 30 de outubro e estarán centradas en dúas accións principais: XINCANA POLOS COMERCIOS DE SADA e V CONCURSO DE ESCAPARATES DE MEDO


19 / OUT / 2026

COMPARTIR EN:
O CONCELLO DE SADA INFORMA DO PRAZO DE CONSULTA DO CENSO ELECTORAL PARA AS ELECCIÓNS A CORTES XERAIS DE 2026

O CONCELLO DE SADA INFORMA DO PRAZO DE CONSULTA DO CENSO ELECTORAL PARA AS ELECCIÓNS A CORTES XERAIS DE 2026

O período de consulta e presentación de reclamacións ao censo electoral estará aberto do 12 ao 19 de outubro na oficiña do Padrón Municipal. As persoas interesadas poderán comprobar os seus datos de inscrición e, se é necesario, solicitar a súa corrección.


12 / OUT / 2026

COMPARTIR EN:
Bolsa de emprego temporal postos da escala de administración xeral subescala administrativa (C/C1)

Bolsa de emprego temporal postos da escala de administración xeral subescala administrativa (C/C1)

Dado que a anterior convocatoria (BOP da Coruña núm.25, 6-2-2025) resultou deserta, esta alcaldía, polo Decreto núm. 548/2025, do 21 de marzo, resolveu convocar novamente proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego para postos da escala de administración xeral subescala administrativa (C/C1) mediante o sistema selectivo de oposición en quenda libre,


30 / SEP / 2026

COMPARTIR EN: