PARTICIPA NA ELABORACIÓN DO CALENDARIO SADA 2026

19 / NOV / 2025
Como ben sabedes, a poboación de Sada medrou moitísimo nos últimos anos e a día de hoxe xa somos máis de 17.000 habitantes e isto é posible grazas a todas as familias que decidiches escoller esta vila como o mellor lugar para planificar as vosas vidas. Tamén sabemos que moitos e moitas de vos viñeches de moi lonxe para formar parte da nosa veciñanza e por ese motivo queremos que este ano sexades os protagonistas do noso calendario.

Que debedes facer para formar parte do mesmo? Simplemente cubrir o seguinte formulario cos vosos datos e enviando unha foto familiar. A data tope de recepción de participantes será o 30 de novembro ás 23:59h. 

Animádevos e demostrade que a Sada do 2026 facémola entre tod@s!!

 

Información básica sobre Protección de Datos
Responsable: Concello de Sada.
Finalidade: Obtención do teu consentimento para responder as cuestións que nos expós a través do noso formulario de contacto.
Lexitimación: Consentimento do interesado.
Destinatarios: Non se cederán datos a terceiros, salvo obrigación legal.
Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como se explica na información adicional.
Información adicional: Podes consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na seguinte ligazón: Política de Privacidade

Arquivado en