Galiña azul

MATRÍCULA CURSO 2025-2026

RESOLUCIÓN DA XERENCIA DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR POLA QUE SE FAN PÚBLICAS AS LISTAS DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS, DE AGARDA E EXCLUÍDAS DO PROCEDEMENTO EXTRAORDINARIO DE SETEMBRO NAS ESCOLAS INFANTÍS 0-3 DEPENDENTES DESTA ENTIDADE PARA O CURSO 2025/26

 

 

Histórico matriculaciones anteriores

Matrícula Curso 2024-2025

Matrícula Curso 2023-2024

Matrícula Curso 2022-2023

Mátrícula Curso 2021-2022

 

Localización


A Quintán, Parroquia de Mondego, 23, 15168 Sada, A Coruña

Como chegar

Actualidade

CONCURSO ESCAPARATES NADAL 2025

05 / DEC / 2025

As presentes bases teñen por obxecto establecer as condicións para recoñecer e premiar o esforzo que os/as comerciantes realizan para mellorar a imaxen dos seus establecementos e como consecuencia o das rúas da vila de Sada tendo en conta as datas tan especiais e significativas que son o Nadal. O concurso quere promover a creatividade dos comerciantes á hora de presentar os seus escaparates e produtos, fomentar a cultura da innovación e da calidade no sector comercial e contribuír así a activación económica de cara a campaña de Nadal.

COMPARTIR EN:

SELECCIÓN FIGURANTES NA CABALGATA DE REIS 2026

03 / DEC / 2025

A concellería de Cultura abre o 9 de decembro a participación na cabalgata das nenas e nenos que queiran participar como figurantes acompañando ás súas maxestades os Reis Magos de Oriente,

COMPARTIR EN:

Convocatoria proceso selectivo auxiliar de adminis...tración xeral (quenda reservada persoas discapacitadas)

02 / DEC / 2025

A presentación de instancias realizarase durante o prazo de vinte (20) días naturais a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE). As bases xerais inclúen un Anexo IV de materias comúns aplicables ao proceso, ademais das previstas nas bases específicas.

COMPARTIR EN:

Subvencións a entidades organizadoras das festas p...atronais parroquiais 2025

25 / NOV / 2025

Subvencións municipais no para a organización de festas patronais parroquiais, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade, con efectos unicamente para o exercicio 2025. O Concello de Sada desenvolve esta liña de axudas dirixidas a entidades organizadoras das festas patronais parroquiais coa finalidade de contribuír a fomentar a participación activa da cidadanía na celebración e conservación das festas parroquiais de maior tradición e arraigo, que forman parte da nosa identidade e memoria colectivas.

COMPARTIR EN:

Subvencións ANPAs de centros escolares municipais ...ano 2025

25 / NOV / 2025

A Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria do 6 de novembro acordou convocar as «Axudas para a actividade anual das ANPAs», que se rexerán polas bases reguladoras aprobadas conxuntamente na mesma sesión.

COMPARTIR EN:

Subvencións dirixidas a entidades deportivas do Co...ncello de Sada 2025

21 / NOV / 2025

A Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria do 6 de novembro acordou convocar a subvención dirixida a entidades deportivas do Concello de Sada para o ano 2025

COMPARTIR EN:

PARTICIPA NA ELABORACIÓN DO CALENDARIO SADA 2026

21 / NOV / 2025

Como ben sabedes, a poboación de Sada medrou moitísimo nos últimos anos e a día de hoxe xa somos máis de 17.000 habitantes e isto é posible grazas a todas as familias que decidiches escoller esta vila como o mellor lugar para planificar as vosas vidas. Tamén sabemos que moitos e moitas de vos viñeches de moi lonxe para formar parte da nosa veciñanza e por ese motivo queremos que este ano sexades os protagonistas do noso calendario.

COMPARTIR EN:

Subvencións destinadas a deportistas individuais d...o Concello de Sada 2025

20 / NOV / 2025

A Alcaldía, por medio do decreto 2089/2025 do 10 de novembro, resolveu aprobar a convocatoria de subvencións dirixidas a deportistas individuais do Concello de Sada para o ano 2025, que se rexerán polas bases reguladoras que se achegan a continuación. Prazo de solicitude do 21/11/2025 ao 12/12/2025 (A.I.)

COMPARTIR EN:

Axudas económicas aos desprazamentos co fin escola...r para o curso 2025

20 / NOV / 2025

A Alcaldía, por medio do decreto 2087/2025 do 10 novembro, resolveu aprobar a convocatoria de «Axudas económicas aos desprazamentos co fin escolar para o curso 2025», que se rexerán polas bases reguladoras seguintes. Prazo de solicitude entre 21/11/2025 e 12/12/2025 (A.I.)

COMPARTIR EN:

CONVOCATORIA AXUDAS-BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR

18 / NOV / 2025

O obxecto desta convocatoria é regular a concesión de axudas económicas para o pago do servizo de comedor escolar xestionado por ANPAS, na modalidade presencial de luns a venres e durante o período lectivo do curso escolar 2025/2026, para o alumnado escolarizado no Concello de Sada.

COMPARTIR EN:

VISITA E COÑECE GALICIA: PROGRAMA DE SAÍDAS GRATUI...TAS DO CONCELLO DE SADA

04 / NOV / 2025

O Concello de Sada programa unha serie de actividades que facilita a posibilidade de realizar visitas gratuitas para coñecer outras zonas de Galicia de interés cultural, social ou medioambiental ao longo de todo o ano.

COMPARTIR EN:

CAMPAÑA : TI FAS GRANDE O PEQUENO COMERCIO DE SADA

31 / OUT / 2025

A concellería de Promoción Económica organiza coa colaboración da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sada a campaña TI FAS GRANDE O PEQUENO COMERCIO que se desenvolverá no noso municipio do 15 ao 30 de novembro.

COMPARTIR EN:

VER MÁIS NOVAS