Sada convoca as subvencións para as entidades deportivas 2019-2020

29/09/2020

Sada convoca as subvencións para as entidades deportivas 2019-2020

Dentro do labor do fomento e apoio ás iniciativas das entidades sen ánimo de lucro que ten atribuído o Concello de Sada, convócanse as presentes axudas na área de Educación e Deporte para a tempada 19-20 

BASES REGULADORAS DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS ÁS ENTIDADES DEPORTIVAS PARA A TEMPADA 2019-20.

29/09/2020 - Extracto del Acuerdo de 17 de septiembre de 2020, de la Junta de Gobierno Local, por el que se convocan subvenciones para entidades deportivas del Ayuntamiento de Sada para la temporada 2019-2020

IMPORTANTE: O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e terá unha duración máxima de dez días.


FINALIDADE E OBXECTO.

O Concello de Sada quere, pola presente convocatoria, dar apoio ás entidades deportivas e contribuír para que acaden os obxectivos que lles son propios, fomentar a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación, contribuíndo, deste xeito, a impulsar a igualdade e a democratización da sociedade, estas subvencións están recollidas dentro do Plan Estratéxico de subvencións 2020-2022, aprobadas en sesión plenaria celebrada o pasado 25 de xuño de 2020, e publicadas no BOP nº 98 do día 1 xullo de 2020.

En canto ás subvencións ás entidades deportivas, a presente convocatoria márcase obxectivos de carácter xeral como a mellora da xestión e organización de actividades deportivas mediante a concesión de subvencións. Son prioritarias nesta convocatoria as accións tendentes a impulsar o desenvolvemento das citadas actividades federadas, fomento do deporte de base, fomento do deporte escolar e deporte inclusivo.

As subvencións ás entidades deportivas irán destinadas a gasto corrente en actividades deportivas. Destinaranse 63.500€ ás subvencións para actividades deportivas con cargo á aplicación orzamentaria 341.48000

RÉXIME XURÍDICO.

Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. Lei 5/1997, do 22 de xullo de administración local de Galicia. Real D.L. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais. Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento. Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento. Bases de execución do orzamento para o ano 2020

Poderán optar aos programas contidos na presente convocatoria as entidades que cumpran os seguintes requisitos:

- Estar legalmente constituídas.

- Estar inscritas no Rexistro de Asociacións do Concello de Sada.

- Carecer de fins de lucro.

- Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial do municipio de Sada ou sobre temas de interese para o Concello. - Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, Xeral de subvencións nin dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.

- Estar ao día nas súas obrigas tributarias coa Axencia Tributaria, coa Seguridade Social e co Concello, e nas súas obrigas legais co persoal que preste servizos para as entidades solicitantes.

CONDICIÓNS E OBRIGAS.

- A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva.

- As entidades beneficiarias das subvencións quedan obrigadas a facer constar a colaboración e patrocinio prestado polo Concello de Sada en toda a información (impresa, informática e audiovisual) que se faga das actividades ou investimentos subvencionados e na súa páxina web.

- Con carácter xeral a subvención solicitada nunca superará o 100 % do presuposto estimativo de gastos presentados e posteriormente xustificados.

- Co fin de garantir un axeitado control da aplicación dos fondos, o pagamento deberá quedar acreditado documentalmente mediante a utilización dalgún dos medios previstos na base 8.4

 PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES. DOCUMENTACIÓN.

As solicitudes, dirixidas ao Sr. Alcalde e asinadas polo representante da entidade, formularanse no modelo que figura como anexo desta convocatoria e presentaranse no Rexistro electrónico do Concello ou por calquera dos medios sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Achegarase á solicitude a seguinte documentación:

- Documentación xeral da entidade.

a) Fotocopia cotexada da tarxeta do CIF da entidade e do NIF do representante.

b) Certificado expedido polo Secretario ou Secretaria da Asociación acreditativo do acordo adoptado polo órgano de Goberno polo cal se decide solicitar a subvención.

c) Declaración responsable do ou da representante da entidade de estar ao corrente das súas obrigas coa Administración do Estado, coa Comunidade Autónoma, coa Seguridade Social e co Concello, co compromiso de presentar os correspondentes certificados en caso de ser beneficiaria de subvención e nas súas obrigas legais co persoal que preste servizos para as entidades solicitantes, o cal non terá ningunha clase de vínculo nin relación laboral co Concello de Sada.

d) Declaración responsable do representante de que a entidade non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, ni dos supostos de incompatibilidade ou incapacidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas e de aceptación das bases da convocatoria.

- Documentación específica da subvención en función da tipoloxía da entidade.

1) Memoria subscrita polo representante da entidade explicativa das actividades propostas para as que se solicita a subvención, detallando:

• Descrición da actividade obxecto da subvención.

• Orzamento total, debidamente detallado, dos gastos das actividades propostas e previsión de ingresos para o seu financiamento.

• Incidencia no fomento do deporte feminino.

• Incidencia no fomento do deporte en colectivos en risco de exclusión social e promoción do deporte adaptado.

1) Importe da subvención solicitada e declaración doutras subvencións solicitadas para a mesma finalidade.

2) Certificación expedida pola Federación respectiva, na que se especifique:

* número de licencias en activo, por categorías, durante a tempada 2019-20

* equipos en categorías inferiores.

3) Calendario da competición dos equipos da entidade durante a tempada 2019-20 A documentación que se achegue en fotocopia estará cotexada.

- Documentación xustificativa da subvención. No caso de que as actuacións solicitadas estén executadas será posible a presentación xunto coa solicitude da documentación xustificativa relacionada no apartado 8 das bases. Sen perxuizo da subvención outorgada finalmente, o importe xustificado deberá ser o solicitado. O defecto, erro ou ausencia na presentación da documentación á que se refire esta base 5 deberase solucionar no prazo de dez días dende a recepción do requirimento.

-As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sada ou por calquera dos medios sinalados no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

- O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e terá unha duración máxima de dez días.

Arquivado en:
Novas. Avisos. Educación e Deporte.

Temas:
Subvencións e axudas. Deporte.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA