A convocatoria ten por obxecto a creación dunha nova bolsa de emprego temporal para persoal funcionario interino da Escala de Administración Xeral Subescala Auxiliar (grupo C/subgrupo C2) e sbstituirá, cando se aprobe, á aprobada para o tipo de posto polo Resolución de Alcaldía núm.1608/2020, do 3 de agosto
A esta convocatoria aplícanselle as bases xerais para a elaboración de bolsas no que lle corresponda.
O prazo de presentación das instancias (5 días hábiles) comeza ao día seguinte da publicación do anuncio da convocatoria no BOP (11-10-2022) e remata o 19-10-2022
As taxas de participación son 10€ (base 5ª das xerais)
A carta de pagamento descargarase seguindo o procedemento que aparece na sede electrónica do Concello de Sada (https://sede.sada.gal) no apartado da Oficina Virtual Tributaria, opción: pagamento de taxas/Exp.doc,act,addm e outros dos/dereitos de exame (C2)
Unha vez descargado, o dito documento deberá imprimirse e pagar nunha das entidades colaboradoras reflectidas no mesmo impreso. Tamén se poderá realizar o pagamento na mesma sede electrónica ou a través das distintas canles que o permitan (caixeiros, banca electrónica, etc.).
O pagamento a través deste medio será o único válido para o aboamento da taxa. Non se admitirán xustificantes que non correspondan ao ingreso realizado mediante carta de pagamento.
Para presentar a instancia a través da Sede electrónica https://sede.sada.gal haberá que empregar o trámite solicitude xeral e a este acehgarlle a instancia de participación e o resto de documentación esixida na convocatoria.
As solicitudes de participación axustaranse ao modelo que está a disposición na seguinte ligazón: https://www.sada.gal/ga/a-un-click/impresos ou que se lles facilitará nas dependencias municipais.
- 20/05/2023 - Resultados finais e relación de persoas aprobadas do proceso selectivo para para a formación dunha bolsa de emprego con carácter interino para cobertura de prazas da escala de Administración xeral, subescala auxiliar
- 09/05/2023 - Cualificación do proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego con carácter interino para a cobertura prazas da Escala de Administración Xeral, -subescala auxiliar PS 15-2022.
- 09/05/2023 - Taboa de respostas do primeiro exercicio do proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego con carácter interino para a cobertura prazas da Escala de Administración Xeral, -subescala auxiliar PS 15-2022.
- 02/05/2023 - Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo 15-22 bolsa de emprego postos de auxiliar de administración Xeral e data do primer exame.
- 03/11/2022 - Listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo 15-22 bolsa de emprego postos de auxiliar de admón. xeral
- Bases bolsa emprego Auxiliar Admón. Xeral BOP 11-10-2022
- 11/10/2022 - BOP núm.78 26-4-22 bases xerais elaboración bolsas emprego 2022