LER CONTA MOITO: OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA INFANTIL

15 / ABR / 2024

LER CONTA MOITO: OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA INFANTIL

Obradoiro de banda deseñada infantil na Biblioteca Municipal para o alumnado do CEIP Sada e Contornos o luns 22 de abril

O vindeiro luns 22 de abril os alumnos do colexio Sada e Contornos asistirán á Biblioteca Municipal a un obradoiro de banda deseñada infantil, no que coñecerán aos personaxes Brais e Chisco e farán actividades para aprender a debuxalos.

A actividade será impartida por Santy Gutiérrez, a quen avalan 30 anos de exercicio profesional no mundo da ilustración, o humor gráfico e a banda deseñada, así como máis de 20 impartindo obradoiros e charlas pola xeografía galega.

Esta iniciativa está enmarcada dentro da subvención "Ler conta moito" promovida pola Xunta de Galicia.

Por este motivo a Biblioteca Municipal estará pechada ó público de 11:00h a 13:00h.

Arquivado en