Exposición Fotográfica "Capturando a Natureza"

11 / ABR / 2024

Exposición Fotográfica "Capturando a Natureza"

A exposición estará aberta ao público desde o 11 de Abril ata o 9 de Maio da Capela de San Roque no Concello de Sada de Martes a Sábado nun horario de 10:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00.

Álvaro Lamas, co seu proxecto Lost in Woodlands Photography, presenta novamente a súa exhibición titulada "Capturando a Natureza". Despois de percorrer varios lugares da área de Ferrolterra e Ortegal, a exposición estará aloxada desde o 11 de Abril ata o 9 de Maio na Capela de San Roque no Concello de Sada.

Capturando a Natureza é unha escolma do traballo deste fotógrafo mugardes que recolle algúns dos lugares máis emblemáticos da comarca de Ferrolterra, Ortegal, a Mariña Lucense e as veciñas Asturias e Cantabria. Paisaxes dunha inigualábel beleza capturadas pola cámara e o ollo do fotográfo e interpretadas pola súa particular visión dunha forma única. A mostra está composta por unha vintena de imaxes impresas en Aluminio Dibond de 50x75cm, un formato que se caracteriza pola sua gran definición, nitidez, calidade de imaxe e elegancia.

En palabras do propio autor: “Capturando a Natureza pode que sexa un título moi xenérico pero tamén representa a esencia mesma detrás do meu proxecto. Capturar aqueles lugares e paisaxes naturales que me sorprenden pola sua beleza, o seu explendor, a súa maxia ou o seu encanto. Nalgunhas ocasións se trata de grandes paisaxes con ruxientes fervenzas, xélidos lagos de montaña que te deixan sen alento ou solpores en acantilados que dan un vértigo terrible. Sen embargo, noutras un diminuto cogumelo agochado tras unhas follas, pode significar o mundo enteiro e facer que pase media mañá no chan ata conseguir capturalo.” Ademáis, nesta mostra haberá material que non foi exposto ata a data, ampliando así o seu proxecto fotográfico e a cantidade de obras que conforman a exposición.

A exposición estará aberta ao público desde o 11 de Abril ata o 9 de Maio da Capela de San Roque no Concello de Sada de Martes a Sábado nun horario de 10:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00.

Máis información sobre o proxecto Lost in Woodlands Photography

Arquivado en