CANTACONTOS KAIROS, MÚSICA E CONTOS

04 / ABR / 2024

CANTACONTOS KAIROS, MÚSICA E CONTOS

O venres día 12 de abril ás 18:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura terá lugar o Cantacontos Kairos para nenos e nenas con idades de 0 a 6 anos.

PRAZAS COMPLETAS

 

A través da música contaranse diversos contos cantados da editorial Kalandraka da súa serie "Da cuna á luna", da man de Tania Justo e dentro da actividade Ler Conta Moito que organiza a Biblioteca Municipal.

Ofertaranse 40 plazas. Cada neno poderá asistir con un adulto. Terán preferencia soci@s da biblioteca empadroad@s en Sada entre 0 e 6 anos.  

A adxudicación de prazas realizarase por rigoroso orde de inscrición. Crearase unha listaxe de agarda. O formulario pecharase o  mércores 10 de abril ás 14:00 hrs.

A confirmación de praza realizarase exclusivamente a través do correo electrónico o xoves 11 de abril.

A cumprimentación do formulario xera unha resposta automática, a cal NON confirma a adxudicación de praza.

Se non pode asistir, avise á biblioteca coa suficiente antelación para que a súa praza pase a outra persoa.

Arquivado en