Convocatoria para a provisión en propiedade de unha praza vacante de persoal funcionario de carreira da escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios, grupo A, subgrupo A2 de clasificación, denominada traballador/a social. Sistema selectivo: oposición en quenda libre.
Deputación e Concello asinarán un convenio no que se formalizará a cesión e o financiamento para distintas melloras na DP-0812 e DP-0813
O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa amósannos o divertido que é cociñar entre amigos, superarse xuntos e atreverse a afrontar novos retos. A pasteleira Tomasa contanos como gañaron o premio "Master Comellón" grazas á súa orixinal receita "Brocheta de froitas da casa recuberta de chocolate fondeu". Despois do conto realizamos un obradoiro de cociña de chocolate co público asistente.
A campaña "Días Azuis do Comercio Galego" é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, coa colaboración de ABANCA e na que tamén colabora o Concello de Sada entregando os distintivos dos comercios a través da Concellería de Promoción Económica.
O anuncio que determina a apertura do prazo de presentación das instancias de participación é o do Boletín Oficial do Estado (BOE), que sairá publicado máis adiante.
A Concellería de Cultura convoca a XIX edición da Mostra de teatro Afeccionado pola que se promove a actividade teatral de carácter afeccionado e dar a coñecer entre a poboación sadense unha selección das montaxes escénicas contemporáneas, no eido do teatro amador. Na Mostra entregaranse os «Premios Lugrís Freire», en homenaxe e lembranza do escritor e dramaturgo sadense, un dos máximos expoñentes do teatro social galego, director da Escola Rexional de Declamación e homenaxeado coas Letras Galegas 2006. Un xurado e o público que asista aos espectáculos determinarán, a través das súas valoracións, cales serán as compañías premiadas nesta edición.
O goberno local mantivo unha reunión coa veciñanza da parroquia de Meirás para explicar en detalle as alegacións presentadas polo Concello de Sada ao proxecto de instalación de almacenamento de enerxía eléctrica en baterías previsto na zona. O encontro, que se prolongou durante preto de dúas horas, contou coa participación de arredor de medio cento de veciños e veciñas.
O goberno local convoca á veciñanza de Meirás a unha reunión para detallar as alegacións presentadas