V ANDAINA SOLIDARIA NOCTURNA DE SADA

03 / MAI / 2024

V ANDAINA SOLIDARIA NOCTURNA DE SADA

O 3 de maio celebrarase en Sada a V edición de la Andaina Solidaria organizada por Cruz Roja e o Concello de Sada SaÍida ás 21:00 horas desde la Plaza Irmáns Suárez Picallo.

INSCRICIÓN NA V ANDAINA NOCTURNA DE SADA

Lembra que o límite de inscrición a través da web é o 3 de maio até as 12:00. A tarde do venres 3 poderás inscribirte na asemblea de Cruz Vermella

 

FINALIDADE DA ANDAINA

Coa túa participación nesta Andaina, ademais de realizar unha actividade comunitaria, saudable e lúdica, estás a facer posible que Cruz Vermella atenda a máis de 400 persoas en situación de vulnerabilidade na contorna do Concello de Sada.

Esta iniciativa permítenos dispor de recursos para poder dar resposta ás necesidades dos veciños e veciñas de Sada, na área de infancia, as persoas maiores e as persoas en situación de exclusión en xeral, en cumprimento ao noso compromiso de estar cada vez máis preto das persoas vulnerables.

Coa inscrición tamén pomos á túa disposición a posibilidade de colaborar con Cruz Vermella en Sada mediante a compra de boletos do Sorteo do Ouro.

 

PERCORRIDOS

Esta Andaina organízase como unha actividade  inclusiva e accesible para calquera persoa,  e por iso deseñáronse dous percorridos de 6.28 km e de 7.69 km para que poidas elixir en cal participar. En solitario, acompañado, en familia ou co teu grupo de amigos ou compañeiros é unha fantástica oportunidade para gozar da nosa contorna de maneira lúdica, sociable e cun fin solidario.

Os percorridos serán os seguintes:

- Curto:  Pazos-Sadadarriba-Souto-Carnoedo-Fontán. 6,28 kmç

- Longo: Pazos-Sadadarriba-Souto-Taibo-Carnoedo-Fontán 7,69 km

 

ONDE RECOLLO MI DORSAL?

Una vez que te inscribas puedes realizar la recogida de tu dorsal y de tu Boleto del sorteo del Oro en nuestra Sede 

Del 29 abril al 3 de mayo: de 8,00-14,30 h ( excepto 1 de mayo)

jueves 2 de 18,00 a 21,00 h y viernes 3 de 17,00 a 20,00 h

Para más información:

Asamblea Local Cruz Roja Sada (C/ Iglesia nº 30, bajo). Teléfonos de contacto: 981623654 / 670300750. Correo: sada@cruzroja.es

 

SORTEO DE AGASALLOS

Ao finalizar a Andaina realizaremos un sorteo de máis de 30 fantásticos agasallos doados polos nosos colaboradores!

Garda o teu dorsal porque poderás gañar entre outras moitas achegas dos nosos colaboradores:

- Cartóns regalo en diferentes establecementos

- Experiencias gastronómicas

- Noites de hotel

- Travesías en veleiro

- Aventura en autcaravana

Arquivado en