Aberto o prazo de matrícula na escola infantil Galiña Azul para o vindeiro curso 2019/20

14/05/2019

Aberto o prazo de matrícula na escola infantil Galiña Azul para o vindeiro curso 2019/20

A Xunta abre ata o vindeiro día 5 de abril o prazo de inscrición para o curso 2019/20 nas escolas infantís da rede autonómica da Galiña Azul.

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2019 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2019/20.

Listado provicional admisión Escola Infantil Galiña Azul


Sada, 17 marzo 2019.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou as tres resolucións, que por primeira vez inclúen como requisito o cumprimento do calendario de vacinación oficial para acceder a un centro público ou praza concertada. Orde para Escolas infantís dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, orde para Escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais e orde para prazas públicas en escolas infantís de titularidade privada.

Ao respecto desta nova exixencia cómpre indicar que as familias contarán con 8 días unha vez confirmada a adxudicación da praza no DOG para presentar no centro correspondente o impreso de matrícula debidamente cuberto e unha copia da cartilla de vacinación da súa filla ou fillo.

O obxectivo desta medida, que conta co amparo da lexislación vixente e conta co respaldo da ampla maioría dos profesionais médicos, axudará a garantir a protección da saúde nestes espazos públicos. Así mesmo, recolle a posibilidade de presentar a solicitude fóra do prazo establecido para as galegas e galegos que residiran fóra de España e retornen a Galicia durante o ano 2019, para facilitarlles o regreso.

As prazas da rede autonómica da Galiña Azul e as contratadas en escolas privadas compleméntase coas prazas que a Xunta financia en escolas de iniciativa social e naquelas que dependen dos concellos.

 

Arquivado en:
Novas. Mondego. Benestar social e igualdade. Avisos.

Temas:
Benestar Social. Subvencións e axudas. Formación. Educación. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA