De conformidade co contido do Regulamento Vixente de funcionamento da E.I Municipal aprobado polo pleno o 28-6-2012 (BOP 20/07/2012), e a tamén vixente ordenanza Fiscal da Escola Infantil (BOP de 11/12/2020). En función das competencias atribuídas pola Lei 7/1985 de 2 abril, Lei reguladora das bases de réxime local, a alcaldía do Concello de Sada RESOLVE aperturar o prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso na Escola Infantil Municipal Flora Ramos, así como o prazo para a solicitude de Renovación dos alumnos con praza no curso actual para o vindeiro curso 2026/2027
Dito prazo abranguerá dende o luns 16 de marzo ata o venres 10 de abril, ambos os dous incluídos. Os impresos correspondentes poderanse atopar dispoñibles na web municipal, no Local de Servizos Sociais, así como na propia Escola, neles indícase a documentación precisa.
Decreto convocatoria EIM curso 26 27
ANEXO II SOLICITUDE PLAZA NA EIM curso 26 27
ANEXO IIIA RENOVACION DECLARACION RESPONSABLE
ANEXO IIIB RENOVACION DECLARACION CAMBIOS
Aldea Samoedo, 7, 15160 Sada, A Coruña