A Concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Tics ten programa cursos de horticultura buscando que a veciñanza de Sada e a cidadanía en xeral, participen en actividades de lecer e tempo libre coa finalidade de que poidan adquirir habilidades persoais e aprendizaxe de novas capacidades relacionadas coa temática de horto urbano e agricultura ecolóxica.
“A maleta viaxeira” chega ás parroquias de Sada para promover hábitos de lectura. A concelleira de participación Cidadá e Mocidade, Rebeca Mouriño, propón con esta iniciativa “revitalizar os espazos creando lugares atractivos onde prime o movemento social interxeneracional”.
Desde o Concello de Sada se sinala que "sabemos que hai moita vontade por parte da veciñanza de Sada de colaborar co pobo ucraíno, mais precisamos facelo de xeito organizado e coordinado, escoitando as recomendacións das administracións públicas e das ONG competentes, para non entorpecer a materialización da axuda". Achegamos tamén a GUÍA OPERATIVA PARA A COORDINACIÓN DA PREVISIÓN DE CHEGADAS E A RECEPCIÓN DE PERSOAS DESPLAZADAS POLO CONFLITO EN UCRAÍNA
A Xunta cambia unha parada de autobús perigosa en Carnoedo solicitada polo Concello. A concellería de Participación Cidadá trasladou ao área de Mobilidade da Xunta de Galicia unha demanda da veciñanza de Carnoedo que verán cumprida a súa solicitude a partir do martes 15 de febreiro.
A Concellería de Participación Cidadá programou encontros entre os adolescentes sadenses para identificar os temas do municipio que mais lles interesan e promover a reflexión colectiva.
O Concello de Sada enviou ao ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital as referencias catastrais dos inmobles carentes de cobertura para que inclúan ditas zonas nos plans de cobertura.
O Concello de Sada decretou no día de onte tres días de loito oficial polas vítimas do accidente de tráfico ocorrido en Mota del Cuervo (Cuenca) que acabou coa vida de tres persoas, veciñas da parroquia de Meirás.
A Concellería de Cultura abre a participación na Cabalgata de Reis 2022 das nenas e nenos que queiran participar como figurantes acompañando ás súas maxestades os Reis Magos de Oriente, no seu percorrido polas rúas sadenses.
O Concello de Sada, a través da Concellería de Participación Cidadá, convocou á cidadanía ao concurso fotográfico “12 meses en Sada” para que enviasen instantáneas en cor de Sada que serán incluidas no calendario que distribue o concello que se edita todos os anos no mes de decembro.