Sada programa cursos gratuitos de DJ e Produción Musical

30 / XUN / 2022

Sada programa cursos gratuitos de DJ e Produción Musical

A concellería de Mocidade programa para o mes de xullo diversas actividades orientadas á xuventude có obxectivo que a veciñanza participe nas actividades saúdables de lecer tendentes a adquirir habilidades persoais e aprendizaxe de novas capacidades. Na súa oferta se inclúen cursos de DJ ou de produción musical, que xa teñen aberto o periodo de inscrición gratuita.

CURSO DE PRODUCCIÓN MUSICAL

SADA MÓVESE 2022 - ADXUDICACIÓN PRAZAS CURSOS DJ E PRODUCCIÓN MUSICAL

O curso é gratuito e terá lugar no local de actividades da Oficina da Xuventude (Praza da Peixaría s/n) do 4 ao 7 de xullo en horario de 11.30 a 13.00 horas.

Participantes: mocidade de entre 16 e 30 anos. Para que a actividade se realice terá que haber un mínimo de 6  inscricións.

Terán preferencia as persoas empadroadas en Sada.

As prazas serán adxudicadas por orde de chegada no formulario

 

CURSO DE DJ

SADA MÓVESE 2022 - ADXUDICACIÓN PRAZAS CURSOS DJ E PRODUCCIÓN MUSICAL

O curso é gratuito e terá lugar no local de actividades da Oficina da Xuventude (Praza da Peixaría s/n) do 11 ao 14 de xullo en horario de 11.30 a 13.00h

Participantes: mocidade de entre 12 e 30 anos. Para que a actividade se realice terá que haber un mínimo de 6  inscricións.

Terán preferencia as persoas empadroadas en Sada.As prazas serán adxudicadas por orde de chegada no formulario:

A listaxe de admitidos será publicada na web o 30 de xuño.

 

Arquivado en