INSCRICIÓN NO MERCADO MARIÑEIRO 2022

16 / XUN / 2022

INSCRICIÓN NO MERCADO MARIÑEIRO 2022

O Concello de Sada, a través da concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego, organiza os días 16 e 17 de xullo o MERCADO MARIÑEIRO 2022 onde se instalarán entre 15 e 35 diferentes postos de artesania, podendo tomar parte nesta feira calquer vendedor ou vendedora de productos artesás que cumplan as bases e presenten a solicitude en tempo e forma.

BASES DE PARTICIPACION NO MERCADO MARIÑEIRO 2022

ANEXO II: SOLICITUDE DE PARTICIPACION NO MERCADO MARIÑEIRO 2022

 

1.- Obxeto:

As presentes bases teñen por obxeto establecer as condicións e o procedemento de outorgamento da autorización da ocupación de terreos de uso público para instalación de diferentes postos de artesania os dias 16 e 17 de xullo do presente ano. O número mínimo de postos requeridos para levar a cabo o evento serán dun mínimo de quince e un máximo de trinta e cinco, podendo tomar parte nesta feira calquer vendedor ou vendedora de productos artesás que cumplan as bases e presenten a solicitude en tempo e forma.

 

2.- Normativa reguladora

As instancias solicitando tomar parte no Mercado Mariñeiro 2022 presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, na Sede Electrónica de Sada (sada.gal) ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas. En cumplimento da Lei 39/2015 de procedemento administrativo común das administración pública no artigo 14 as personas xurídicas deberan relacionarse de manera elctrónica coas administracións publicas.

 

3.- Inscripción, prazo de presentación e documentación requirida O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días hábiles desde a súa publicación na páxina web do Concello de Sada. As solicitudes deberán presentarse por Rexistro co modelo de inscrición debidamente cumprimentado (Anexo I), xunto con fotocopia do DNI.

 

4.- Montaxe e Horarios

A montaxe levarase a cabo o sábado 16 a partir das 8h. A desmontaxe levarase a cabo o domingo 17 de xullo a partir das 21:00h. O horario de venta ao público os días da feira será das 11:00 ás 21:00 horas o sábado e de 12:00 ás 21:00 horas o domingo ininterrumpidamente. Os e as participantes comprométense a cumprir co horario de apertura e peche, non puidendo recoller antes do horario establecido.

A organización garantiza o servizo de seguridade nocturna no recinto acotado para a noite do 16 ao 17 de xullo. A organización non se fai responsable do contido do posto no horario de apertura da feira.

 

5.- Asignación de Espazos e ubicacións da Feira

A asignación dos espazos corre a cargo da organización do Mercado, buscando o consenso cós e coas participantes; en caso de non acadarse, será por sorteo debido as limitacións do espazo existente. O espazo individual a ocupar será de 3x3 m2 .

A distribución dos postos poderá ser modificada por este Concello por causas organizativas.

 

6.- Obrigacións por parte das persoas participantes:

  • A participación é gratuíta para o artesán ou artesá.
  • Priorizaráse os postos de venta de artesanía e que participasen en edicións anteriores.
  • É obrigatorio repetar o horario da feira. O posto deberá estar montado ás 11.00 e poderase desmontar a partir das 21.00 horas.
  • O Concello de Sada será o responsable da elección dos e das artesás convidados segundo os criterios recollinos do ANEXO II.
  • As personas participantes serán responsables de traer a haima que conforme o punto de venta e lámpara se así o considera. O Concello pon a súa disposición puntos de luz.
  • O posto será acondicionado polo artesán ou artesá con motivos mariñeiros que entronquen coa festividade na que se organiza a feira procurando que todos os stands teñan un tamaño e aspecto semellante.
  • É obrigado colocar no fronte o cartel anunciador da Festa do Mar na que se inscribe o mercado que repartiran desde o Concello.
  • O Concello de Sada pode modificar as condicións sendo comunicadas previamente as e aos artesáns.

 

7.- A organización reservase o dereito a dar por finalizada a actividade de calquera posto que non se adapte aos requisitos establecidos nesta convocatoria ou no caso de incumplimento evidente das normas de seguridade e de aforo. O envío da solicitude (Anexo I) supón o coñecemento e aceptación das presentes bases.

Arquivado en