Sada licita melloras no Tarabelo, Fontán e Samoedo por preto de 600.000 euros

15 / SEP / 2022

Sada licita melloras no Tarabelo, Fontán e Samoedo por preto de 600.000 euros

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a contratación da mellora dos pavimentos en Samoedo, a renovación de servizos no Tarabelo e a substitución de redes e reurbanización da rúa Sanjurjo Badía (Fontán) entre as rúa das Flores e a AC-163.

O goberno municipal aprobou na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá un paquete de melloras nos lugares da parroquia de Sada de Tarabelo, Fontán e Samoedo por valor de 551.402,14 euros.

FONTÁN

En Fontán o goberno municipal licitará o proxexto por importe de 387.888,67 euros, seguindo co proceso de recuperación deste barrio histórico, co que preténdese substituir o pavimento actual por un pavimento de adoquín e panos de formigón, así coma a mellora das infraestruturas municipais, incluso obra civil para o soterramento de instalacións de telecomunicacións e rede electrica na Rúa Antonio Sanjurjo Badía, obra incluida no POS+ adicional 2021.

A mellora incluirá a instalación de novo pavimento de adoquín, coa mesma tipoloxía que a acometida polo Concello no ano 2020, cunha nova rede de pluviais. Ademáis  realízase unha unha nova canalización de fecais. No tocante áo abastecemento de auga potable realizaráse o entronque coa tubaxe de auga existente desde o cruce da Rúa Sanjurjo Badía co Rúa das Flores ata o cruce coa AC-163, con unha nova tubaxe e tamén se realizarán as acometidas a todas as vivendas da rúa.

A actuación na zona de Fontán inclúe unha nova canalización de telecomunicacións con novas arquetas de rexistro e o soterramento da rede xeral de distribución de enerxía eléctrica e o soterramento da canalización da liña aérea actual de alumeado público das luminarias instaladas nas fachadas da marxe esquerda da Rúa Antonio Sanjurjo Badía. A zona dotarase de sinalización e novo mobiliario urbano con cinco bancos así coma varias xardineiras onde se plantarán arbustos. Tamén se dotará de bolardos flexibles de polietileno, nos puntos que poida ser preciso protexer a entrada dos portais da cercanía do tráfico, así como unha baranda para evitar caídas en altura na proximidade dunhas escaleiras.

TARABELO

No Tarabelo a execución das obras valoradas en 114.077,71 euros, dividirase en dous tramos o primeiro para a instalación rede de abastecemento e o segundo onde se instalará rede de sumidoiros. En total dotarase a rede de abastecemento de 350 metros de nova tubaxe, retirando a  a vella de fibrocemento e reporase o pavimento asfáltico e o pavimento en beirarrúa. Para a execución da rede de saneamento instalaranse 100 metros de tubaxe de PVC. A rede de pluviais estará formada por 220 m de nova tubaxe de PVC. Renovarase tamén a tubaxe de impulsión da EBAR Tarabelo formada por 245 metros de tubaxe.

Nesta zona atoparanse tres tipos de reposicións: Reposición de pavimento asfáltico con195 m2 de mestura bituminosa en quente; reposición de pavimento en beirarrúa con 63 m2 de pavimento de baldosa e reposición de firme de formigón, onde se doatará de 147,60 m2 de firme de formigón. Antes de iniciar a renovación da tubaxe executaranse as respectivas acometidas (un total de 12) para manter o servizo de abastecemento na zona afectada. Esta obra está incluída dentro do POS+2019

SAMOEDO

O proxecto de mellora dos camiños de Samoedo, na súa parte alta, englóbase dentro das das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2023 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) por importe de 49.435,76 euros.

O goberno local encargou este proxecto para realizar esta actuación debido ao estado dos camiños que prácticamente no posúen canalizacións de pluviais en cuneta, tenen treitos con pendente variables polo que as augas pluviais circularán fundamentalmente sobre o propio pavemento e como consecuencia do paso do tempo e o progreso propiciado xeráronse novas necesidades e servizos do tráfico pasando a ser un pouco máis intenso.

As actuacións a realizar son de limpeza e regularización do firme, preparación de explanación, aporte con material granular para regularización e un firme a base de aglomerado en quente. Ademais se realizará un novo pintado do vial con pintura reflexiva e un recalce de tapas de rexistro.

Arquivado en