O Concello de Sada programa unha serie de actividades que facilita a posibilidade de realizar visitas gratuitas para coñecer outras zonas de Galicia de interés cultural, social ou medioambiental ao longo de todo o ano.
O programa de actividades que organiza a concellería de Promoción Económica, Turismo e Participación Cidadá do Concello de Sada a través da realización de práctIcas deportivas dirixidas á poboación adulta do Concello de Sada ten como obxectivo a promoción de hábitos de intervención saudables e terapéuticos ademáis de adquirir habilidades persoais e aprendizaxe de novas capacidades relacionadas coa temática de horto urbano e agricultura ecolóxica e fomentar a participación social no tempo libre.
A Escola Municipal de Teatro, dependente da Concellería de Cultura do Concello de Sada, oferta unha proposta no eido das artes escénicas, desenvolvéndose fóra do horario lectivo en equipamentos municipais, centrada, por unha parte, na creación dunha oferta socieducativa que permita o fomento de novas capacidades e por outra, como obxectivo pedagóxico desenvolver as capacidades creativas, comunicativas e expresivas do alumnado a través do xogo, a improvisación teatral e o intercambio de roles.
Venres 3 de outubro. Dúas quendas de 17:00 a 18:00 e de 19:00 a 20:00. Na Biblioteca municipal para nen@s entre 8 e 12 anos
Esta semana rematou a tempada oficial de praias. A coordinación e supervisión do Servizo de Emerxencias Municipal co Servizo de Salvamento e Socorrismo garantiu en todo momento a dispoñibilidade de medios de seguridade e recursos materiais que permitiron a maior eficacia posible nas intervencións de socorrismo.
Informamos ás familias inscritas para participar na actividade “A Vila do Mañá” que debido ás condicións meteorolóxicas previstas para a próxima semana, esta NON PODERÁ CELEBRARSE entre o luns 1 e o xoves 4 de setembro.
O Concello de Sada organiza unha nova edición da feria do comercio local dentro do marco das Festas de Agosto 2025 en Sada, a celebrar nas datas do 9 e 10 de agosto. A Feira instalarase no Paseo Marítimo de Sada, á altura do edificio da Terraza, con espazo estimado para 23 postos de venda.
PROGRAMA DE FESTAS ORGANIZADO POLO CONCELLO DE SADA CO FINANCIAMENTO DA XUNTA DE GALICIA E DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
El Ayuntamiento de Sada organiza esta cita cultural de referencia que combina tradición, diversión e identidad histórica
A Concellería de Cultura propón celebrar unha nova edición do Mercado Mariñeiro. O obxecto das bases que agora se presentan é o de establecer as condicións e o procedemento para outorgar autorizacións para ocupar espazos de uso público para organizar un mercado de artesanía de temática mariñeira dentro do marco das Festas do Carme 2025 en Sada, a celebrar nas datas do 19 e 20 de xullo.
O sábado 12 de xullo o Concello de Sada e a SGHN organizan unha saída medioambiental a Praia de Arnela onde coñeceremos as especies vexetais e animais máis comúns no rico espazo intermareal da ría de Sada.