
Ás solicitudes de participación achegarase a documentación sinalada na base 4ª.2 e axustaranse ao modelo que está a disposición na seguinte ligazón: ou que se lles facilitará nas dependencias municipais.
De presentarense a instancia electronicamente no modelo referido recoméndase imprimilo en formato .pdf unha vez cumprimentado e antes de asinalo, para que os campos do formulario queden pechados
O prazo de presentación de solicitudes é o establecido na base 4ª (dez -10- días naturais a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP), o cal produciuse o 15 de abril de 2026
As taxas serán as establecidas na base 5ª (6 euros). A carta de pagamento descargarase seguindo o procedemento que aparece na sede electrónica do Concello de Sada (Oficina Virtual Tributaria), opción: pagamento de taxas/Exp.doc,act,addm e outros dos/dereitos de exame. Indicar como concepto do ingreso: Taxas PS 4-26