Subvenciones a entidades organizadoras de fiestas patronales parroquiales para contratar orquestas en el año 2022

02 / NOV / 2022

Subvenciones a entidades organizadoras de fiestas patronales parroquiales para contratar orquestas en el año 2022

A Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria celebrada na data do 20 de outubro de 2022 adoptou, entre outros, o acordo de aprobar a convocatoria de subvencións municipais para entidades organizadoras de festas patronais e populares no Concello de Sada para a contratación de orquestras, vinculada á concesión definitiva da axuda provincial PEL-CONCELLOS-OV no ano 2022.

Esta convocatoria de subvencións culturais do Concello de Sada diríxese a entidades organizadoras de festas patronais parroquiais no termo municipal para a contratación de orquestras.

As bases reguladoras establecen o procedemento e os criterios para conceder estas axudas no ámbito do termo municipal, dentro do marco do Plan de emprego local da Deputación da Coruña e da subvención provincial PEL-Concellos_Axudas ao sector das orquestras e verbenas, da que o Concello é beneficiario.

A finalidade xeral desta convocatoria é a de contribuír á reactivación económica no sector cultural do mundo do espectáculo, así como xerar recursos económicos para manter o emprego no sector das orquestras e verbenas. De xeito complementario, foméntase a labor das entidades que organizan as festas patronais tradicionais, conservando e salvagardando unhas festas que emanan da cultura popular e que forman parte do noso patrimonio cultural inmaterial.

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, comezando a contar no primeiro día hábil seguinte á data na que o Boletín Oficial da Provincia publique o extracto desta convocatoria.

  • Apertura prazo de solicitude: 03.11.2022
  • Prazo de presentación de solicitudes: 1 mes
  • Peche do prazo de solicitude: 02.12.2022 ás 23:59h

Arquivado en