ACTIVIDADES NAS PARROQUIAS 2025-2026

15 / SEP / 2025

ACTIVIDADES NAS PARROQUIAS 2025-2026

O programa de actividades que organiza a concellería de Promoción Económica, Turismo e Participación Cidadá do Concello de Sada a través da realización de práctIcas deportivas dirixidas á poboación adulta do Concello de Sada ten como obxectivo a promoción de hábitos de intervención saudables e terapéuticos ademáis de adquirir habilidades persoais e aprendizaxe de novas capacidades relacionadas coa temática de horto urbano e agricultura ecolóxica e fomentar a participación social no tempo libre.

BASES REGULADORAS DE PARTICIPACION NAS ACTIVIDADES DAS PARROQUIAS.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN 

 

Actividades a realizar:

  • Pilates
  • Zumba
  • Ioga
  • Horto

 

Destinatarios/as.

  • Veciños/as de Sada.

 

Requisitos.

  • Estar empadroado/a no concello de Sada. Non ter débedas pendentes cos servizos económicos municipais.
  • Poderá ser subsanada a débeda correspondente tendo que realizala antes do pra-zo de pagamento e sempre que haxa prazas vacantes.

 

Temporalización e lugar de realización.

  • As actividades socioculturais e deportivas comezarán o luns día 6 de outubro de 2025 e finalizarán o día 30 de xuño 2026.
  • Horario: De luns a venres (2 horas semanais).
  • Lugar de realización das actividades socioculturais e deportivas: Centros culturais das parroquias e Espazo munizipal no lugar de a Tenencia ( horto)
  • O concello de Sada reservase o dereito de efectuar as modificacións nas instalacións, horarios , profesorado etc., que se consideren necesarias, ou anular algunha actividade por motivos organizativos.

 

Inscrición para participar nas actividades socioculturais e deportivas.

  • As persoas interesadas en participar nas actividades deberán realizar a sua inscrición a través deste formulario 

 

Prazos:

  • O prazo ordinario de pre-inscrición será do 15 de setembro ao 28 de septembro de 2025 (ambos inclusive). Calquera inscrición realizada fóra deste prazo pasará a unha listaxe de agarda.
  • A publicación da listaxe provisional de admitidos e de agarda, será o 29 de septembro de 2025.
  • Elaborada a listaxe de admitidos con praza, abrirase un prazo para formalizar o pagamento que será do 29 de setembro ao 5 de outubro(inclusive). Este pago realizarase mediante carta de pagamento que poderá tramitarse na oficina virtual tributaria do concello
  • A non formalización do pagamento neste prazo suporá a renuncia da praza, pasando o dereito ao seguinte en listaxe de agarda.
  • Prazo extraordinario de inscrición: Ao longo do curso sempre que haxa dispoñibilidade de prazas e a concellería considere que se pode incorporar novo alumnado, poderá solicitarse a inscrición. Neste caso, os participantes deberán axustarse aos períodos de pagamento establecidos no artigo 10 das presentes bases e realizar a súa inscrición nas datas sinaladas.

 

Solicitudes fóra de prazo.

  • Aquelas solicitudes presentadas fora do proceso inicial, iranse incorporando á listaxe de agarda correspondente.
  • Cando queden prazas vacantes chamarase as persoas da listaxe de agarda, segundo o orden establecido na mesma.
  • As persoas que acepten a praza deberán formalizar a mesma a través do pagamento correspondente segundo o procedemento que se establece nestas bases.

 

Sorteo público e grupos de actividades a realizar.

  • Para que as actividades socioculturais e deportivas se poidan levar a cabo terá que haber un mínimo de 8 solicitudes no momento da preinscrición.
  • Naquelas actividades onde a demanda sexa superior a oferta, será preciso realizar un sorteo.

 

Prezos e períodos de pagamento:

  • Os prezos de aplicación para os/as participantes nas actividades socioculturais e deportivas 2025-2026 serán os que se establezan no informe de prezo público previa aprobación dos Servizos Económicos Municipais de 15€ por mes e actividade.

Establécense os seguintes prazos de pagamento:

  • O alumnado participante con praza realizará o pagamento das cuótas de forma trimestral de 45€ (15€ por mes)
  • 1º Trimestre (outubro, novembro, decembro) O alumnado con praza deberá realizar o pagamento entre os días 29 de setembro e o 5 de outubro (ambos inclusive).
  • 2º Trimestre: (xaneiro, febreiro, marzo) O alumnado deberá realizar o pagamento entre os días 18 e 24 de decembro (ambos inclusive).
  • 3º Trimestre: (abril, maio, xuño) O alumnado deberá realizar o pagamento entre os días 18 e 24 de marzo (ambos inclusive).

Arquivado en