CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE 2026

03 / MAR / 2026

CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE 2026

A Concellería de Deportes, Educación e Xuventude programa un Curso de Monitor/a de actividades de Tempo Libre. Trátase dunha formación útil que abre moitas portas de cara á inserción laboral. Esta formación capacita para deseñar, programar e pór en práctica ou avaliar actividades para o tempo libre ou socioculturais, orientadas á infancia, á mocidade, aos maiores ou ás persoas con necesidades especiais. Os contidos deste curso abarcan áreas como psicoloxía, dinámicas de grupo, xogos no tempo libre, expresión, educación ambiental, saúde, ou lexislación.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN EN LIÑA

BASES DE PARTICIPACIÓN NO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE 2026

 

REQUISITOS DO ALUMNADO

Os requisitos do alumnado son ter de 18 anos en adiante e estar en posesión polo menos dalgún dos seguintes títulos:

  • Graduado en educación secundaria, graduado escolar ou equivalente
  • Técnico auxiliar en formación profesional ou equivalente.

Para desenvolver o curso será preciso contar cun mínimo de 15 alumnos e un máximo de 20. Terán preferencia as persoas empadroadas no concello de Sada.

O concello reservase o dereito de non iniciar o curso si o 50% dos solicitantes non están empadroados no concello de Sada.

 

FASES DO CURSO E AVALIACIÓN

O Curso de Monitor/a (350 horas) consta de dúas fases:

1.- Fase Teórico-práctica (200 horas): Clases presenciais cun máximo de 10 horas diarias, adaptadas ao calendario. A avaliación desta parte para a obtención da cualificación de apto/a baséase nos seguintes parámetros:

  • A asistencia é obrigatoria. O alumnado que non asista a un mínimo do 80% das sesións non poderá ser avaliado pola escola de tempo libre.
  • Actitude, grao de implicación e interese no curso.
  • Capacidade de reflexión, pensamento crítico e perspectiva educativa.
  • Traballo personalizado e individual.

Para isto empregarase un sistema de control de asistencia e un instrumento de avaliación continua mediante rúbricas que nos permitan asegurar que todo o alumnado poida acadar unhas competencias mínimas necesarias. Estes elementos estarán a disposición das/os participantes dende o comezo do curso.

 

2.- Fase Práctica (150 horas):

  • O alumnado, superada a fase teórico-práctica, deberá elaborar o proxecto da fase práctica. Existen dúas modalidades de realización: 14 días nunha actividade de tempo libre, que se poderá realizar en campamentos, colonias ou albergues, campos de traballo ou en outros en bloques non inferiores a 3 días, ou en 150 horas de actividade periódica nunha entidade ou asociación que traballe no tempo libre.
  • O alumnado dispón dun prazo de dous anos para realizar as prácticas unha vez rematada a fase teórica. Será necesaria a existencia dun/ha titor/a-director/a responsable de prácticas designado pola entidade receptora.
  • Unha vez rematadas as dúas fases coa cualificación de APTO/A, o alumnado deberá solicitar o título oficial á Xunta de Galicia, previo pago das taxas de expedición de titulacións oficiais.

 

INSCRICIÓN

A inscrición realizarase no formulario on-line habilitado na web municipal aportando a documentación que se indica:

  • Fotocopia do DNI.
  • Fotocopia da titulación académica.

O prazo de inscrición estará comprendido entre o día 2 e o 20 de marzo (inclusive).

 

ADXUDICACIÓN DE PRAZA

A adxudicación de praza será por riguroso orde de entrada no formulario e será comunicado aos solicitantes a través de correo electrónico o día 23 de marzo. O número de prazas son limitadas (mínimo 15 e máximo 20)

 

PAGAMENTO DO CURSO (AUTOLIQUIDACIÓN)

O custe total do curso é de 125,00 € (*), que debe aboarse unha vez sexa confirmada a praza definitiva entres os días 23 e 29 de de marzo (inclusive).

(*) Prezo público aprobado en Xunta de Goberno Local con data 10/12/2014, publicado no BOP nº74 de 21/04/2014.

O alumnado deberá realizar o pago mediante CARTA DE PAGAMENTO que se poderá tramitar na oficina virtual tributaria do concello: https://ovtsada.dacoruna.gal/ga/150757/ASADA/tasas

Prazo extraordinario de pagamento para cubrir prazas vacantes do 30 de marzo ao 5 de abril (inclusive)

En calquer caso o xustificante de pagamento deberá enviarse ao correo electrónico: omixsada@gmail.com para finalizar a tramitación da matrícula.

 

CALENDARIO TEÓRICO-PRÁCTICO

  • Abril: Días 10, 11, 12, 18, 19, 25, 26
  • Maio: Días 2, 3, 9, 10, 16, 17, 23, 24, 30, 31
  • Xuño: 6, 7, 13, 14

LUGAR DE IMPARTICIÓN

A realización do curso de monitores levarase a cabo en diferentes espazos de titularidade municipal

 

Arquivado en