INFORMACION ACTUALIZADA CORONAVIRUS

30/03/2020

INFORMACION ACTUALIZADA CORONAVIRUS

Achegamos información dos distintos decretos e medidas tomadas polas distintas adminsitracións, así como información complementaria do estado de Alarma Sanitaria polo Coronavirus

Os servizos administrativos do Concello de Sada funcionarán con porta pechada de 9 a 14 horas a partir do luns 16 de marzo. Todas as xestións deberanse facer de modo telemático desde a Sede Electrónica do Concello de Sada (sede.sada.gal). En caso de que non se dispuxese de medios telemáticos e para aqueles supostos de urxencia, o Concello atenderá presencialmente previa petición de cita telefónica, en horario de 9 a 14 horas ou chamando ao teléfono 981 620 075.

Desde o Concello de Sada tamén poñemos a disposición de todas as persoas interesadas un formulario para, no caso que se fose necesario, dotar dun servizo de Voluntariado ao municipio. Formulario Voluntariado


Atención Coronavirus - 900 400 116

  • Número de atención xeral para as consultas relacionadas co Coronavirus. No caso de Urxencia Sanitaria chamar ao 112.

Concello de Sada - 981 620 075

  • Horario de 09:00 a 14:00 horas. Para calquera consulta .

Servizos Sociais - 981 620 567

  • Horario de 09:00-14:00 horas. Para calquera consulta relacionada co benestar das familias ou axuda no fogar.

Policía Local - 629 572 289

  • 24 horas ao día. Para calquera consulta fora do horario de oficina e emerxencias durante todo o día.

Atención Municipal - 665 851 262

  • Para calquera consulta que necesite do Estado de Alarma

Servizo emerxencias - 607 438 457

  • 24 horas ao día. Para calquera situación de emerxencia.

Decretos e documentación institucional

 

Arquivado en:
Carnoedo. Novas. Alcaldía . Meirás. Mondego. Seguridade Cidadá e Normalización Lingüística. Mosteirón. Benestar Social e Igualdade. Avisos. Osedo. Educación e Deporte. Sada. Facenda, Administración Local, Administración Electrónica, Contratación e Seguridade Cidadá. Obras e Servizos. Veigue. Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías. Medio Ambiente e Normalización Lingüística. Cultura . Promoción Económica, Turismo e Emprego. Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado.

Temas:
Benestar Social. Economía. Mobilidade. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.