Medidas do Concello...

Medidas do Concello de Sada

Medidas adoptadas polas diferentes áreas do Goberno Municipal

Activación Voluntariado COVID-19

Sada envía mascarillas a todas as vivendas do municipio.

Sada destinará 800.000 € para autónomos e pemes do municipio

Obras e servizos:

  • Establecemento de quendas de traballo alternas e coas debidas medidas de protección para a atención das urxencias que poidan xurdir.
  • Reforzo do servizo de limpeza viaria para a realización das tarefas de desinfección de rúas, beirarrúas, marquesiñas e lugares de tránsito elevado en todo o concello, atendendo con maior frecuencia as rúas mais transitadas e aquelas zonas de paso en establecementos de alimentación, farmacias, bancos, estancos, etc. Para a realización destes traballos, as baldeadoras existentes complementáronse cun atomizador industrial e unha sulfatadora mecánica para así obter un mellor rendemento dos traballos.
  • Servizo de limpeza viaria reforzado cos camións da demarcación de carreteras que, en coordinación co Consorcio das Mariñas, atenderán as peticións feitas por cada concello.
  • Supervisión e mantemento da rede de saneamento e atención ás urxencias (atascos, verquidos, etc)
  • Mantemento do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos e de recollida de mobles e enseres (este último previa chamada ao número 981795524), incrementando a frecuencia dos traballos de desinfección de todos os contedores existentes no concello.

Deporte:

Servizos sociais:

  • Servizo de axuda no fogar: Unha vez provisto de medios de protección ao persoal auxiliar , chamouse un por un aos 105 usuarios para reestablecer o servizo acordé as necesidades actuales moitas persoas decidiron prescindir temporalmente deste servizo ata o remate de estado de alarma, isto supón que novos usuarios en listaxe de agarda puideran incorporarse.
  • Posta en funcionamento dunha rede de voluntariado para chamar as persoas maiores de 70 anos ofrecendolles acompañamento e en contacto contínuo con Concello para coordinar posibles necesidades.
  • Axudas de alimentación: O Concello de Sada ten un convenio con Vegalsa para que os usuarios de SSSS podan facer a compra dunha maneira normalizada nos supermercados convenidos mediante unha tarxeta que se recarga tras un informe técnico de Servizos Sociais.
  • Atención as necesidades básicas de alimentación e medicación dos maiores de Sada con servizos da policía e do SEM

Saúde: 

  • O Concello de Sada pagará os gastos do desprazamento dos profesionais do centro sanitario ás casas dos veciños por mor dunha emerxencia médica.
  • Reparto de mascarillas chegadas do Ministerio do Interior e da Xunta de Galicia as persoas que necesiten para asistir ao traballo ou para o transporte público. Nos vindeiros días recibiremos outra gran partida para repartir ao resto da poboación.

Actividades on line:

  • Manter aos clubes deportivos e aos seus usuarios activos co Programa Sada en Forma onde diariamente se colgan diferentes rutinas deportivas no Facebook do Concello.
  • As actividades ofertadas dende a Oficina da Xuventude (inglés, costura, cociña, fotografía, bolillos), seguen funcionando de forma telemática evitando así esa perda de socialización entre compañeiros e á vez logrando que avancen nos seus coñecementos.
  • Activación do Instagram da biblioteca Municipal onde se emiten diariamente microcontos nos que participan vecinxs de Sada de xeito voluntario contando algun conto para xs máis peques. Fomentando á participación cidadá á vez que a lectura.
  • Ademáis se emiten os venres dende Facebook do Concello, da Omix e dende o Instagram da biblioteca os contos da Salita dos Contos e Pablísimo.
  • Proximamente: obradoiros online desde á biblioteca
  • Sada súmase ao Festival Internacional PhotoEspaña de fotografía desde os balcóns. A 23ª edición desta cita convida os sadenses a inmortalizar o día a día desde as súas xanelas, terrazas e balcóns durante o confinamento
  • O Concello de Sada, a través da concellería de medio Ambiente, animou ás nenas e nenos do municipio a realizar un debuxo con motivo do Día Internacional dos Bosques e para facer un pouco máis animada a tarde no estado de confinamento que estamos a sufrir “especialmente os nenos e nenas”. 

Cultura:

Educación:

  • Contacto permanente con Centros Educativos para  colaborar dentro do ámbito da nosa competencia e actuar ante determinados casos con algunha necesdade, e á espera das instruccións da Consellería co respecto á continuacion do curso escolar.
  • Escola Infantil Flora Ramos, rectificación de recibos do mes de marzo sendo a mitade de dito mes o que abonarán os usuarios e quedando suspendido o pago ata a reanudación do servizo.

Promoción económica:

Administración Local: 

  • Facilitar o traballo telemático dxs traballadorxs , atención ao público vía telefónica e telemática.
  • Instruccións de hixiene en todos os baños de edificios da administración ademais de envases de hidroxel.
  • Instalación de mamparas protectoras para á atención ao publico,Instalación de cartelería informativa en todas as instalacións e oficinas municipais,Distribución de xel hidroalcohólico para todas as instalacións e oficinas municipais.
  • Entrega de EPIS aos traballadores do Concello que seguen co seu labor nos seus postos de traballo.

Facenda

Medioambiente

  • Posta en marcha dunha campaña de vixilancia de camiños e puntos de vertidos incontrolados coa finalidade de controlar ditas actitudes incívicas e insolidarias.

 


Sada anuncia un plan de apoio a autónomos e pemes

Sada anuncia un plan de apoio a autónomos e pemes

16/04/2020

-Entre as medidas da concellería de Facenda destacan o aprazamento, fraccionamento ou condonación dos impostos, recibos e taxas municipais, o estudo das demandas para flexibilizar o pagamento de alugueiros e concesións municipais e a posibilidade de elaborar axudas económicas directas encamiñadas ao mantemento de postos de traballo na vila.

O VOLUNTARIADO DE SADA ATENDE AOS MAIORES DO MUNICIPIO

O VOLUNTARIADO DE SADA ATENDE AOS MAIORES DO MUNICIPIO

10/04/2020

-O goberno municipal agradece,  e moito,  a tantos homes e mulleres que, empregando o seu tempo e medios fan unha labor desinteresada na procura do ben social.

- O Concello ven cubrindo as necesidades básicas de alimentación e medicación dos maiores de Sada que o necesitan e desde hai uns días, a través do voluntariado, ofrécese un servizo de seguemento e atención telefónica para loitar ca soidade que provoca o confinamiento nas persoas que viven soas.

Sada establece horarios para as festas dos balcóns

Sada establece horarios para as festas dos balcóns

06/04/2020

-O goberno municipal entende que esta actitude positiva ante o confinamento reflexada nas últimas semanas con diferentes festas nos balcóns ten que ser regulada para garantir o descanso da veciñanza entre as que se atopan persoas enfermas, traballadores por turnos e veciños e veciñas en xeral.

Sada dá luz verde ás primeiras medidas para minimizar os efectos da crise sanitaria

Sada dá luz verde ás primeiras medidas para minimizar os efectos da crise sanitaria

01/04/2020

O Concello aproba unha moratoria de 90 días para recibos anteriores ao estado de alarma e atrasará a domiciliación das taxas e non as cobrará por servizos suspendidos

Sada, 1 abril 2020. 

Sada entrega material sanitario a organizacións e persoal sanitario e de seguridade

Sada entrega material sanitario a organizacións e persoal sanitario e de seguridade

01/04/2020

-O persoal de Obras e Servizos está a desinfectar zonas de paso común nas parroquias do municipio.

-O Concello de Sada entregou ao longo deses últimos días diverso material sanitario ao persoal que está a traballar neste Estado de Alarma para minimizar no posible os posibles contaxios.

Estamos contigo

Estamos contigo

26/03/2020

A Concellería de Benestar Social e Igualdade comparte a campaña que Ministerio de Igualdade, en colaboración coa Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero, puxo en marcha un Plan de Continxencia contra a Violencia de Xénero ante a crise do COVID19, aprobado en Consello de Ministros o pasado 17 de marzo. Entre as medidas impulsadas desde este plan, atópase a realización dunha campaña institucional para a prevención da violencia machista. 

Sada garante os salarios do persoal das empresas concesionarias de servizos  públicos do Concello.

Sada garante os salarios do persoal das empresas concesionarias de servizos públicos do Concello.

25/03/2020

-O Concello de Sada quere evitar con esta medida que as empresas concesionarias de servizos  presenten un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) entre os seus traballadores, asegurando o salario íntegro das plantillas durante a crise do COVID19.

A Policía Local de Sada formula 40 denuncias no Estado de Alarma

A Policía Local de Sada formula 40 denuncias no Estado de Alarma

24/03/2020

O concello de Sada ven de reforzar con catro novas incorporacións a plantilla da Policía Local que realizará turnos de 24 horas no Estado de Alarma

Sada, 24 marzo 2020.