FERIA DEL COMERCIO LOCAL SADA 2025

23 / XUL / 2025

FERIA DEL COMERCIO LOCAL SADA 2025

O Concello de Sada organiza unha nova edición da feria do comercio local dentro do marco das Festas de Agosto 2025 en Sada, a celebrar nas datas do 9 e 10 de agosto. A Feira instalarase no Paseo Marítimo de Sada, á altura do edificio da Terraza, con espazo estimado para 23 postos de venda.

As solicitudes presentaranse de forma telemática a través da sede electrónica mediante unha solicitude xeral indicando a intención de participar nesta feira de comercio local

 

BASES REGULADORAS DA PARTICIPACIÓN NA FEIRA COMERCIO LOCAL, FESTAS AGOSTO 2025

 

1.- Obxecto

O Concello de Sada organiza unha nova edición das tradicionais Festas Patronales unha data destacada do calendario de festexos do noso municipio. Estas celebracións teñen un claro compoñente dinamizador da economía local, xunto cun potencial de atracción turística e de visitantes o que conleva unha oportunidade para reactivar a economía e o comercio local que debe ser aproveitado para un impulso e reactivación económica.

Os concellos teñen entre as súas competencias a da organización e xestión de feiras, abastos, mercados, lonxas e comercio ambulante, segundo se recolle na Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de las Bases do Réxime Local. Con base nesta competencia e tamén nos obxectivos relacionados coa promoción turística e económica a nivel local, a Concellería de Promoción Económica propón celebrar unha nova edición da Feira do Comercio Local.

Por todo isto, o obxecto das bases que agora se presentan é o de establecer as condicións e o procedemento para outorgar autorizacións para ocupar espazos de uso público para organizar un mercado ou feria do comercio local dentro do marco das Festas de Agosto 2025 en Sada, a celebrar nas datas do 9 e 10 de agosto. O mercado instalarase no Paseo Marítimo de Sada, á altura do edificio da Terraza, con espazo estimado para 23 postos de venda.

 

2.- Normativa

  • Lei 33/2003 de 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas.
  • Lei 13/2010, de 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.
  • Ordenanza municipal reguladora da venda ambulante do Concello de Sada.
  • Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime Local.
  • Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

3.- Requisitos para participar

De conformidade co artigo 72 da Lei 13/2010 de comercio interior de Galicia, as persoas solicitantes deberán cumprir os requisitos que establezan os municipios para a súa autorización, que no caso do Concello de Sada están recollidos na Ordenanza Municipal reguladora da venda ambulante:

  • Situación de alta no réxime correspondente da Seguridade Social, e nun epígrafe do Imposto de Actividades Económicas compatible coa artesanía ou coa venda ambulante.
  • Cumprir cos requisitos das regulamentacións de cada tipo de produtos e estar en posesión dun certificado de ter recibido formación en materia de manipulación de alimentos (no caso de ser necesario).
  • Dispor dun seguro de responsabilidade civil con cobertura vixente para o período de celebración do mercado.

 

4.- Solicitudes de participación

O espazo dispoñible estímase para un máximo de 23 postos coas medidas máximas das carpas de 3x3 que facilitará o concello, cada carpa contará con acceso a electricidade, unha mesa e duas cadeiras.

  • O prazo de presentación das solicitudes será dende a publicación das bases reguladoras ata o día 1 de agosto as 14:00 horas.
  • As solicitudes presentaranse de forma telemática a través da sede electrónica (sede.sada.gal) mediante unha solicitude xeral indicando a intención de participar nesta feira de comercio local. As persoas físicas poderán escoller entre a presentación telemática ou a presencial, segundo se indica no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. As bases reguladoras publicaranse na páxina web municipal (www.sada.gal).
  • O persoal do departamento de promoción económica instruirá as solicitudes. No caso de solicitudes incompletas ou que non reúnan os requisitos establecidos, as persoas interesadas recibirán un requirimento para emendalas, dispoñendo dun prazo máximo de 10 días hábiles. No caso de non responder ao requirimento, entenderase o desestimento da solicitude.
  • No suposto de recibir mais solicitudes que postos dispoñibles, asignarase un número por orde de entrada da solicitude, e realizarase un sorteo para a asignacion dos postos.
  • As solicitudes recibidas que cumpran todos os requisitos á finalización do prazo de solicitude e de emenda proporanse para aprobación. As solicitudes incorrectas ou incompletas á finalización deste prazo serán denegadas.

 

5.- Asignación e distribución de espazos

A organización será quen asigne os espazos dispoñibles entre os postos inscritos. Con esta distribución tratarase de respectar, na medida do posible, a separación entre produtos iguais ou da mesma natureza. O Concello resérvase a posibilidade de modificar a distribución dos postos por causas organizativas ou de seguridade.

 

6.- Desenvolvemento da feira

As persoas participantes disporán dun tempo para a montaxe das súas propias carpas ou do material que forme a súa parada. Para as tarefas de montaxe e desmontaxe poderán acceder cos seus vehículos á zona de exposición e venta, no paseo marítimo portuario, debendo retirar os vehículos unha vez rematada a tarefa. Cada posto disporá de acceso a un cadro de subministración electrica dentro de cada carpa.

 

6.1.- Horarios
O feria de comercio celebrarase nas datas do sábado 9 e o domingo 10 de agosto e coas seguintes referencias:

  • MONTAXE: sábado 9 a partir das 8:00h e con finalización ás 11:00h. As persoas participantes poderán achegar os seus vehículos ata a zona de montaxe, no espazo detrás do edificio “A Terraza”, debendo retiralos unha vez rematada a descarga de materiais. Non haberá zona de aparcamento reservada para os participantes na Feira.
  • Disporase de acceso a unha toma de corrente en cada un dos postos participantes.
  •  
  • HORARIOS DE VENDA AO PÚBLICO:
  • o Sábado 19: de 11:00 a 22:00h
  • o Domingo 20: de 11:00 a 21:00h
  •  
  • SEGURIDADE NOCTURNA: o Concello ofrecerá un servizo de vixilancia nocturna na zona da Feira para garantir a seguridade dos postos de venda. O servizo estará operativo entre as 22:00h do sábado 9 de agosto e ata as 11:00h. do domingo 10 de agosto. A organización non se responsabilizará da vixilancia dos postos fóra dese horario.
  •  
  • DESMONTAXE: o domingo 10 de agosto a partir das 21:00h. As persoas participantes poderán achegar os seus vehículos ata a zona de desmontaxe, dentro do Paseo Marítimo. As persoas participantes deberán desmontar os seus postos inmediatamente despois da finalización do mercado, e deixar o espazo público nas condicións de uso e limpeza iniciais.
  •  
  • NOTA: Cada participante deberá comprometerse a manter a actividade no seu posto durante o horario de venda ao público.

 

7.- Obrigas das persoas seleccionadas

  • • Participar na Feira do Comercio, exercendo a venda ao público dos seus produtos durante os horarios establecidos.
  • • Respectar os horarios da feira (punto 6.1). No caso de choiva ou meteoroloxía adversa a organización será flexible cos horarios, previo acordo coas persoas participantes.
  • • A participación nesta feira está exenta de taxas posto que é unha actividade con concello para promocionar e visibilizar o nose comercio local.

 

8.- Disposición final

A organización resérvase o dereito a dar por finalizada a actividade en calquera posto que non se adapte aos requisitos establecidos nesta convocatoria. 

Arquivado en